Frente á fascistización e militarización social

Paulo Vila [Comité Antifascista Louriña]

Perante o colapso progresivo do exército ukronazi e a inevitábel victoria da Federación Rusa, as corruptas elites globalistas europeas están dispostas a facer todo o necesario para evitar unha humillante e contundente derrota. Desde Bruxelas e Londres principalmente, intentan impedir a toda costa que Rusia logre conseguir os lexítimos obxectivos marcados no inicio da Operación Especial, uns obxectivos que serán sí ou sí alcanzados, pola vía militar ou mediante negociacións ca Casa Branca.

Mais á vez, nos países sometidos aos ditames da UE, da OTAN, e do imperialismo anglo-ianqui-sionista, continúase avanzando na implementación de medidas centradas no control e na obediencia das masas para preparar o terreo para unha futura guerra no continente.

Nas últimas semanas puidemos observar como o proceso de fascistización e militarización en curso está sendo acelerado. A imposición do servizo militar semiobrigatorio na Alemaña para 2027, as declaracións do Xefe do Estado Maior francés, afirmando que o pobo debe prepararse para unha guerra contra Rusia en 4 anos, ou a presencia no Estado español de Zelensky, que logo de posar xunto con Pedro Sánchez diante da obra antifascista de Picasso, marchou co compromiso do goberno de entregar un novo pacote de axuda militar de 900.000 millóns, son algúns dos tantos exemplos que constatan esta aceleración da escalada belicista.

Esta serie de medidas que pouco a pouco van impondo, tamén van da man xunto con outras baseadas nos recortes de dereitos e liberdades, e por suposto, na represión de todas aquelas organizacións, colectivos, militantes, activistas, etc, que se resistan a aceptar os perversos plans de morte e destrucción. As detencións de solidarios co Donbass antifasZista na Francia, o intento de ilegalizar aos comunistas checos, o golpe electoral na Romanía para evitar un presidente contrario aos plans otanistas, ou a recente ilegalización do KPP, o partido comunista de Polonia, poñen de manifesto que o imperialismo necesita silenciar e eliminar as disidencias que operan no interior das súas entrañas.

No noso país e no Estado español, aínda que a situación polo momento, non sexa tan alarmante como noutros países europeos, non debemos de baixar a garda. A economía de guerra que a OTAN e a UE precisan, necesita de recursos mineiros para a industria militar e electrónica.

A Galiza posúe importantes reservas das denominadas “terras raras” e de minerais estratéxicos, que máis cedo que tarde serán extraídos se non os paramos. Pretenden reactivar as explotacións de wolframio, e a Comisión Europea vén de catalogar a mina de litio de Doade, en Beariz, como un dos 17 proxectos estratéxicos para fabricar baterías e compoñentes de equipos tecnolóxicos militares.

Sumado a isto, o goberno municipal de Abel Caballero en Vigo, anunciou o pasado 21 de outubro, logo da aprobación do Ministerio de Defensa, que a cidade acollerá para o próximo 30 de maio do ano 2026, o desfile militar no Día das Forzas Armadas españolas. Novamente o Réxime de 78, tal e como sucedeu na Coruña no ano 1985 e 2005, escolle o noso país para unha nova demostración de forza e exaltación fascista, españolista e militarista.

Desde o Comité Antifascista da Louriña, témolo claro. Non podemos permitir que o aparello de propaganda otanista, sente as bases para preparar psicoloxicamente os sectores populares europeos para ser novamente, carne de canón, a costa de manter os privilexios e aumentar os xa de por sí, elevados beneficios do Complexo Militar Industrial Atlantista.

Sen dúbida, tódalas organizacións que pertencemos ao campo obreiro e popular de praxe abertamente antifascista e antiimperialista, estamos no punto de mira como unha das principais ameazas para a besta imperial. Debemos prepararnos para o peor escenario posíbel, mais seguiremos fieis aos nosos principios incluso se temos que continuar a actividade política dende a clandestinidade.

Pola terra, contra a guerra!

Antifascistas e antiimperialistas sempre!