2026, Ano preelectoral nos Concellos galegos

Artigo Editorial A Nova Peneira Tino Lago
Tino Lago director a Nova Peneira
Tino Lago director a Nova Peneira
Concellos ANP
35
GOBERNO PP
16
GOBERNO PSOE 9GOBERNO BNG
8
OUTROS
2

O ano que xa se achega é un ano preelectoral, pois en maio do 27 teremos uns apaixonantes comicios locais de cuxo resultado van depender en boa medida as posibilidades de cambio nos seguintes procesos electorais: as eleccións estatais, a final dese mesmo ano ( sempre que a presión da dereita non logre que se adianten) e as nacionais galegas, no 2028.

A verdade que estamos a piques de entrarmos en período preelectoral xa se nota desde hai tempo no modus operandi dos distintos partidos. Esta circunstancia é extraordinariamente relevante no PPdeG, posto que se mergullaron nunha dinámica de sobre excitación e agresividade realmente sorprendente nalgúns dos seus cadros políticos, que en aparencia semellan persoas sensatas.

O noso medio de comunicación distribúese en 35 concellos. E a nosa forma de traballar tanto do que isto escribe como de todas as persoas que nalgún momento fixeron posible que ANP e Hermes&Atenea estiveran nas rúas, consiste en patealos todos desde o norte ata o sur e desde o leste ata o oeste. Percorremos os cascos urbanos, as aldeas, as rúas os camiños e as corredoiras de todos os núcleos habitados de todos os nosos concellos sen excepción. Camiñamos, preguntamos e escoitamos aos veciños e veciñas cal é a súa opinión das circunstancias políticas dos seus concellos. Como valoran a xestión do goberno municipal, e en que medida desexarían que continuase gobernando ou houbese un cambio.

Despois de centos de entrevistas, e con toda a prudencia do mundo derivada de que aínda estamos a 17 meses das eleccións e que poden acontecer moitas cousas relevantes que provoquen un cambio de perspectiva na intención de voto de algunhas persoas, imos aventurarnos a ofrecerlles unha primeira achega aos escenarios que consideramos máis probables nos 35 concellos que constitúen a nosa área de influencia. Prometo gardar este traballo para contrastalo coa realidade e ver se a nosa previsión está cerca ou lonxe da realidade.

Dos 35 concellos nos que nós estamos o PP goberna en 16, 2 máis dos que conseguiu nas municipais do 23.Houbo cambio en Forcarei, despois dunha moción de censura na que o PP, como fan habitualmente, utilizou un tránsfuga para acadar a alcaldía. E tamén mudou o goberno de Mondariz, despois da misteriosa dimisión do alcalde Calis e de todo o seu equipo de goberno. O PSOE goberna en 9 e o BNG fai o mesmo en 8 localidades. Pazos de Borbén e Salceda de Caselas son as únicas excepcións nas que ningún dos 3 grandes partidos ostentan o goberno municipal. En ambos casos son agrupacións veciñais de esquerdas as que teñen o bastón de mando. Tanto en Salceda como en Pazos as agrupacións que encabezan a alcaldesa Loli Castiñeira e o alcalde de Pazos Luciano Otero móvense no espectro da esquerda política e xorden por mor dos movementos do nacionalismo Post Amio. De feito ambos, Loli e Luciano, proceden do BNG.

Nós 35 concellos ANP entendemos que non hai posibilidades de cambio político en 18:Vigo,Soutomaior, Nigrán, Baiona, Gondomar, O Porriño, Covelo, Mondariz Balneario, Arbo, Crecente, A Caniza, Tui, Tomiño, Moaña, Pontevedra, Ponte Caldelas,A Lama e Cerdedo Cotobade van seguir mantendo a mesma cor política nos gobernos que saian de maio do 27 case con seguridade.

Entendemos algunha posibilidade de cambio, aínda que escasas nos 7 concellos seguintes:

– En Redondela O PP vai gañar as eleccións municipais, pero non creo que lle dea para acadar a undécima acta, aínda que non o desboto de todo.

– En Fornelos de Montes O PSOE leva xa moito tempo gobernando este concello. Non parece claro que o seu alcalde Emiliano Lage vaia repetir. No caso de que non o faga todo dependerá do candidato que sexan capaces de presentar. Se non é alguén de peso, non desboto de todo que a candidatura do PP, composta de persoas moi novas, que xa subiu moito poda dar a sorpresa.

-No Rosal debería de recuperar o BNG a maioría absoluta. O PP nin está nin se lle espera. Pero ollo, pouco antes das eleccións do 23 fixeron un intensísimo traballo de visitas casa a casa, traballo político 0 pero iso si que o fan ben, que estivo a piques de darlle un susto a alcaldesa nacionalista desta localidade.

– En A Guarda entendo que o goberno do ex Cura Roberto Carrero en coalición co comunista Celso Fariñas vai repetir. Non por que o fixeran ben, porque en realidade non fixeron nada. Ningunha das súas promesas de campaña se fixeron realidade. Pero si por certo desencanto que observo nas rúas en relación co traballo da oposición. Non desboto que o PSOE de Fátima Rodríguez, unha boa candidata, poida gañarlle un concelleiro ao PP e que cambie a cousa.

– En Vilaboa. O actual alcalde do PSOE debe de repetir sen maior problema, pero non me atrevo a descartar de todo a sorpresa do PP.

-En Marín o PP vai baixar moito. Diso non me cabe dúbida. Será o suficiente para que perda a maioría absoluta?,Véxoo difícil. Non imposible, pero si difícil. No caso de que se dea esa hipótese, case cons seguridade será a nacionalista Lucía Santos a alcaldesa. A oposición que fixo este mandato o PSOE de Marín foi moi deficiente.

-En Forcarei a alcaldesa popular Belén Cachafeiro debe de conservar a alcaldía con folgura. Pero non descarto de todo que exista certo voto de castigo de segmentos da poboación aos que non lle gusten estas manobras populares para chegar ao poder e se poida dar a volta da socialista Verónica Pichel, aínda que o ten moi complicado.

Vemos posibilidades moderadas de cambio nos 7 concellos seguintes:

-En Mos. A nefasta alcaldesa de Mos, outra que chegou á alcaldía por unha vergonzosa moción de censura usando aun tránsfuga, ten moita sorte. Xa son varias veces ás que conservou a alcaldía por uns poucos votos ou por estúpidas manobras de adolescentes funcionais que constrúen candidaturas supostamente de esquerdas motivados por pulsións narcisistas. Ollo con que non lle xurda unha candidatura pola dereita que lle poida facer dano. No caso de que a perda non me atrevo a prognosticar quen, entre o Psoe e o Bng, pode acceder á alcaldía. Véxoos moi igualados

-En Salceda O PP estivo a piques de acadar a absoluta no 23.Pode chegar no 27?..Non o sei pero vexo a cousa moi xusta.

-En As Neves teñen un goberno de desastre. Chega ata tal punto a súa inepcia que incluso sufriron unha estafa cibernética na que os ladróns roubaron 8.000€ das arcas do Concello. Porén a Xunta estalles dando todo o que non lle deu ao goberno do BNG. Vexo idénticas posibilidades entre o cambio e a permanencia do actual goberno. Vai depender moito da capacidade de penetración que teña nos próximos meses o novo candidato do BNG, presuntamente o mozo de Taboexa Óscar González.

-En Ponteareas pasa o mesmo ca nas Neves: O goberno é un desastre. Para mostra como xestionaron o conflito do SAF. En verdade que a capital do Condado estea novamente gobernada polos Castro é unha traxedia para a súa veciñanza. Pode virar a situación no 2027?..Véxoo ao 50%

-En Oia a popular Cristina Correa mantivo no 23 a maioría absoluta por moi poucos votos. Entendo que no 27 a situación vaise resolver de novo de maneira moi axustada. Imos ter un 6 PP 5 PSOE/BNG, ou un 5 PP 6 PSOE/BNG que decidirán moi pouquiños votos.

-En Bueu o nacionalista Félix Juncal leva unha acusada tendencia descendente que foi desde unhas comodísimas maiorías absolutas ata ter que pactar co PSOE para poder seguir gobernando. Non hai ningún motivo obxectivamente real que poida levar a que o BNG perda esta localidade. Pero a tendencia é moi perigosa para os nacionalista e estou seguro de que o PP vai pór toda a carne no asador espetando as parvadas habituais que falan da relaxación do goberno de Bueu

-En Cangas hai unha situación Kafkiana.O que debera ser un cómodo goberno de esquerdas liderado polo BNG , pois no pleno hai 11 actas de esquerdas por 10 de dereitas, estase a converter nun concello imposible de gobernar grazas á actitude irresponsable de Alternativa dos Veciños, que en moitas ocasións vota co PP. Agardo que cando me toque retirarme a min saiba facelo con dignidade e sen molestar aos que veñen detrás. En Cangas Pode pasar calquera cousa; ou que o PP consiga a absoluta, como nos tempos do dúo Sotelo Nardo, ou que a esquerda logre manter as 11 actas nun goberno liderado polo BNG

E por último prognosticamos unhas elevadas posibilidade de cambio nos 3 seguintes concellos:

-En Pazos de Borbén Luciano Otero tívoo moi complicado todo momento. Cun goberno en minoría non soubo, ou non lle deixaron, ou as dúas cousas, lograr o apoio nin do PSOE nin do BNG en todo o mandato e o seu goberno tivo moitos problemas. Vexo difícil que poida repetir

-En Mondariz o popular Pablo Barcia goberna con 3 concelleiros de 11.Faino grazas á inexplicable dimisión do anterior equipo de goberno. Véxoo moi difícil que poida repetir. Haberá que ver se a esquerda, como parece, suma a maioría absoluta de actas, en que situación quedan os tres partidos: Calis, BNG, PSOE e como narices se poñen de acordo para artellar un goberno

-En Salvaterra ao PP tocoulle a lotaría no ano 23.Conservou a alcaldía por 50 votos. E tivo a sorte de que houbese unha estúpida candidatura de Podemos que levou 80 votos ao lixo. Foi só unha cuestión de sorte? Ou tratouse dunha marca branca construída precisamente para iso?.Non o sei. O certo é que a maioría de Salvaterra xa está cansa dun goberno ineficaz e nepotista que debe ser derrotado dunha vez. Vexo moitas posibilidades de que desta volta vaia. Por outra banda as relacións entre o BNG e o PSOE local son moi boas e , sexa quen sexa o máis votado dos dous, non van ter ningún problema para formar un goberno de coalición.

POSIBILIDADE DE CAMBIONula 18Escasa 7Moderada 7Elevada 3
CONCELLOGOBERNOPOSIBILIDADE DE CAMBIO
VIGOPSOENULA
REDONDELAPSOEESCASA..PP
SOUTOMAIORBNGNULA
FORNELOS DE MONTESPSOEESCASA PP
PAZOS DE BORBÉNAVELEVADA PP
NIGRÁNPSOENULA
BAIONAPPNULA
GONDOMARPSOENULA
MOSPPMODERADA..PSOE/BNG
O PORRIÑOPPNULA
SALCEDAMSMODERADA PP
COVELOPPNULA
MONDARIZPPELEVADA..CALQUERA
MONDARIZ BALNEARIOBNGNULA
ARBOPPNULA
SALVATERRAPPELEVADA PSOE/BNG
CRECENTEPPNULA
A CANIZAPSOENULA
AS NEVESPPMODERADA BNG
PONTEAREASPPMODERADA BNG
TUIPSOENULA
TOMIÑOBNGNULA
O ROSALBNGESCASA PP
A GUARDAPPESCASA BNG-
OIAPPMODERADA PSOE/BNG
VILABOAPSOEESCASA PP
MOAÑABNGNULA
BUEUBNGMODERADA PP
CANGASBNGMODERADA PP
MARÍNPPESCASA BNG
PONTEVEDRABNGNULA
PONTE CALDELASPSOENULA
A LAMAPPNULA
CERDEDO COTOBADEPPNULA
FORCAREIPPESCASA PSOE