O BNG de Arbo fixa a perda de poboación moza coma o principal reto a resolver na localidade

O BNG de Arbo vén de celebrar unha xuntanza coa veciñanza na que se expuxo o grave problema da perda de poboación no concello, a isto súmanse as grandes carencias na xestión dos servizos públicos, que foi outro dos puntos destacados.

Unha vivenda completamente inaccesíbel, a falta de emprego e a ausencia de transporte público útil para a veciñanza provoca unha situación imposíbel de asumir para moita xente” destaca Diego Prieto, responsábel local do BNG na localidade. “O que acontece en Arbo non é máis que a acumulación de malas xestións, provocando que a xente só teña a alternativa de marchar a outros concellos por falta de servizos básicos e falta de oportunidades”, conclúe.

O BNG continuará tendo xuntanzas por toda a localidade nos vindeiros meses, abrindo espazos de participación e recollendo propostas da veciñanza para tentar reverter a situación actual do concello.

Primer comentario

Deixa a túa opinión