A avogada pontevedresa Paloma Castro leva dúas lexislaturas sendo deputada do PSdeG no parlamento galego. Nun contexto moi complicado para o partido socialista, a raíz da imputación do presidente Zapatero, nós quixemos conversar con ela para coñecermos a valoración das e dos socialistas da actualidade política.

Que Rueda decidise facer portavoz a Alberto Pazos é un sinal evidente do ultra que é Alfonso Rueda”

Si, esta é unha lexislatura máis crispada.

O PP está bastante máis escorado cara a dereita. De feito na pasada lexislatura podíamos ter pactado con eles nalgunhas cuestións, e agora iso é pouco menos que unha utopía.

En materias como a igualdade, a memoria ou os servizos sociais.

Ben, eu entendo que trata de disputar a VOX os segmentos de voto máis escorados á dereita. Non se pode desbotar que nas municipais do 27 VOX acade concelleiros en Galicia. E por outra parte Rueda, aínda que ás veces simule unha posición moderada, sempre foi unha persoa moi de dereitas. Como esquecer a súa imaxe na manifestación de Galica Bilingüe¡.

Este asunto da “ prioridad nacional” e as súas posicións sobre a delincuencia, amosando unha realidade que en Galicia non existe, son manobras políticas para evitar a fuga a VOX dos seus votantes máis de dereitas.

Eu creo que con esa posición trata de contentar aos grandes empresarios.

Desde logo que non. O que si que é verdade é que hai moitas persoas que teñen unhas condicións sociais de precariedade, non poden acceder a unha vivenda, teñen dificultades serias para chegar a fin de mes….e isto , o estrés permanente, día tras día todos e cada un dos días, evidentemente incide no deterioro do estado de saúde, especialmente da saúde mental.

O razoable é mellorar o sistema sanitario de atención pública para que os casos de ansiedade, depresión e estrés sexa tratados de maneira adecuada. O que non é razoable é o que fai o PP de premiar aos médicos que faciliten a fin da baixa, ou castigar aos que as prolonguen.

Alberto Pazos e Paula Prado son a versión máis ultra que ten o PP. Que Rueda decidise facer portavoz do PP a Alberto Pazos é un sinal evidente de como é Rueda de ultra. Se comparamos a Pedro Puy con Alberto Pazos hai unha distancia quilométrica a nivel intelectual. En canto a talante, igual, Pedro Puy ten moito mellor talante. Alberto Pazos é un radical que aspira a ser Tellado.

Este é un problema que agora mesmo estoupou a burbulla .Pero xa leva moito tempo candente. En todos estes anos non existiu política pública de vivenda por parte da Xunta. Desde o ano 2010 non se construíu vivenda pública en Galicia

Agora, grazas a que o goberno de Pedro Sánchez puxo as políticas de construción de vivenda pública como prioridade, Galicia sumouse ao carro. Ata o momento a Xunta mirou para outro lado e agora xa é tarde.

Por outra banda tamén temos un problema de vivenda valeira e de falta de impulso aos alugueiros.

Pois hai unha situación evidente de abandono e de falta dos recursos necesarios e suficientes. O PP sempre sostén que o problema é que non hai médicos. É falso. Os médicos saen da facultade. O que acontece é que os médicos en Galicia non teñen as oportunidades necesarias e acaban por marchar a outro lado.

A falta de estabilidade laboral dos médicos e médicas é terrible. Eu teño unha irmá médica de 36 anos que ten compañeiros e compañeiras de promoción que levan 10 anos encadeando contratos temporais. Esta política sanitaria que desenvolve o PP o que persegue en realidade é potenciar a sanidade privada.

Estamos desenvolvendo as liñas esenciais do noso proxecto socialdemócrata, galeguista e feminista:

-A transición ecolóxica,as enerxías renovables e a economía verde.

-A industrialización de Galicia. O emprego adecuado dos fondos next generation que foron completamente desaproveitados porque Rueda só se centrou no seu proxecto de Altri.

-A necesidade de mellorar substancialmente a sanidade galega.

-A urxencia de mudar as políticas sociais. Este é un eixo que debe ser fundamental na construción dunha sociedade decente, e que fraquea claramente na política da Xunta. Así o podemos ver por exemplo nas deficiencias existente na dependencia, ou no estado dos centros de atención aos menores, totalmente abandonados.

-Traballamos porque non se dea nin o máis mínimo paso atrás no que se refire á igualdade entre mulleres e homes. Somos especialmente belixerantes no que respecta á prevención e á denuncia de calquera tipo de violencias machistas.

-Defendemos a protección necesaria para o idioma galego e para todos os elementos propios da nosa cultura.

Os datos do IGE son moi preocupantes, e amosan que a política lingüística da Xunta é un absoluto fracaso. O idioma galego para o PPdeG só é un elemento folclórico.

Ben, a este respecto quixera dicir varias cousas: Eu confío na súa honestidade e agardo que todo quede en nada. Agora ben, se se demostrase que Zapatero cometeu algún tipo de ilegalidade para min sería unha decepción terrible. Tamén quero salientar que o obxectivo real deste episodio non é Zapatero senón Pedro Sánchez. Todas as balas que lle disparan a Zapatero, en realidade teñen como finalidade facer caer ao goberno de Pedro Sánchez.

E por último, o que cheira profundamente a podre é que poucos días antes de que se producise a imputación altos cargos do PP, como Ayuso ou o propio Feijoo, anunciasen que algo ía pasar proximamente con Zapatero. Como o sabían?

Están rascando por todos os sitios a ver se encontran algo, si. Incluso contra o criterio da fiscalía. É asombroso que esa instrución non se tivera pechado hai moito tempo.

Estamos traballando moi ben, tranquilos , sen ningún tipo de liorta interna e con ilusión de podermos recuperar a confianza da maioría da sociedade galega.

Ha, ha ha..Si, a verdade é que é moi boa nova.

Si, claramente si.

A catadura moral de quen cunha man abraza aos familiares dun compañeiro morto, e coa outra asina unha moción de censura é unha vergoña. A falta de escrúpulos de quen non lle importa aproveitarse da morte de persoas para impulsar unha moción de censura é indecente. Sei positivamente que hai deputados do PPdeG que non estaban de acordo con este movemento e que de feito están avergonzados.

É un proceso electoral de enorme importancia. Nós afrontámolo con enorme ilusión e con expectativas moi positivas. Estou segura de que conservaremos os gobernos que temos e que acadaremos algún máis. Imos a por todas para conservar as deputacións da Coruña e Lugo e imos tamén a recuperar a de Pontevedra.

Absolutamente si. Só necesitamos un deputado máis. Nós confiamos en subir máis dun deputado provincial.