Teresa Camino, secretaria da asociación .

Queremos unir dous mundos que sempre estiveron separados”

A idea xurdiu a raíz dun voluntariado o ano pasado, cando fixen un curso de lingua de signos na UNED e coñecín a unha rapaza xorda. Coñecín a Ana, a presidenta da asociación e comezamos a facer quedadas entre comunidade xorda e oíntes. Despois de comezar vimos que facía falta crear unha asociación para xuntar estes dous mundos.

Si.

Non, son de Barcelona pero levo aquí moitos anos.

Comezamos practicamente en marzo, así que levamos pouco máis de dous meses de vida. Todo foi moi rápido, pero tamén moi emocionante.

Queremos unir dous mundos que historicamente estiveron separados: o das persoas xordas e o das persoas oíntes. A comunidade xorda ensínanos lingua de signos e nós tamén compartimos actividades e proxectos con eles. O importante é crear convivencia real para calquera cousa cotiá da vida.

Agora mesmo temos arredor de 58 persoas, 26 xordas e unhas 32 persoas oíntes. Moitas delas son familiares de persoas con discapacidade auditiva, pero tamén hai xente interesada simplemente en aprender e colaborar.

De momento non temos local, estamos intentando conseguilo. Reunímonos unha vez por semana na Oficina Municipal de Voluntariado de Ponteareas, situada na segunda planta da biblioteca municipal ou no Concello.

Non só de Ponteareas. Hai xente de Mondariz, As Neves e incluso de Vigo que participa connosco. A maior parte son da comarca do Condado, pero cada vez chega máis xente doutros lugares.

Nós coñecemos arredor de 28 persoas, pero seguramente haxa máis. Precisamente queremos darlle visibilidade á asociación para que máis persoas se acheguen e participen.

Na maior parte dos casos si, aínda que tamén hai persoas que perderon audición debido a enfermidades. Por exemplo, un dos membros da asociación quedou xordo tras sufrir unha meninxite. Outra, debido a unha enfermidade que a vai deixando xorda pouco a pouco, ven aprender lingua de signos para o día de mañá.

Claro. Pensamos que aínda non existe unha integración real das persoas xordas na sociedade. Moitas veces dependen doutras persoas para cuestións básicas da vida diaria, e iso xera frustración.

Unha das persoas da asociación foi arranxar unhas gafas e a dependenta non conseguía entendelo. Acabou tendo que chamar á súa nai, unha señora de 75 anos, para acompañalo. Esta persoa ten 54 e esta situación creoulle unha frustración tremenda. Iso fíxonos pensar que unha persoa adulta debería poder resolver situacións de maneira autónoma .Entón falamos con distintos comercios da localidade para pulsar a súa dispoñibilidade á aprendizaxe da lingua de signos.

Moi positiva. Dos 41 negocios cos que falamos, 40 dixeron que si e practicamente cubriuse enseguida. A xente mostrou moito interese desde o primeiro momento.

As propias persoas xordas. Queremos que sexa a comunidade xorda quen ensine directamente. Organizamos grupos pequenos, de tres persoas, para facilitar a comunicación e a aprendizaxe.

Acudir con ganas de coñecer e aprender.

No correo electrónico vocesnasmans@hotmail.com, aquí lles daremos todo a información precisa para comezar a colaborar.

Non, non temos. Estamos intentando falar coa alcaldesa para que non deixe un local e buscar orzamento a través dos organismos oficiais para que non ter que cobrar cotas e facemos os cursos de balde para que a comunidade xorda poda integrarse na vida diaria sen ningún atranco por non poder comunicarse.

Desde que comezamos a alcaldesa cédenos o local do pleno cando se pode para xuntarnos e vese boa vontade pola súa parte. Aínda non nos reunimos para pedir local e orzamento, xa veremos despois da xuntanza que teremos proximamente.

Claro, pretendemos que veña para quedarse a longo prazo para poder facer de Ponteareas unha vila inclusiva e que a comunidade xorda poida sentirse plenamente integrada no pobo a través da lingua de signos.

Non, ese non é o noso campo. Nós centramos o noso traballo na inclusión social e na comunicación. Para cuestións médicas ou relacionadas coa audición sempre recomendamos acudir a profesionais especializados.

O que si imos facer e poñernos en contacto cunha intérprete para que veña axudar as persoas xordas que o precisen.

Si, para a xente que a perda de audición non é total axuda a escoitar

Si. Temos contacto con asociacións de Vigo e Ferrol, entre outras. A comunidade xorda en Galicia coñécese bastante e hai boa relación entre colectivos. Temos un proxecto que queremos facer o Camiño de Santiago inglés coa comunidade xorda, isto nunca se fixo. Imos xuntarnos 50 persoas, 30 da comunidade xorda e 20 oíntes para saír desde Ferrol, imos facer un documental do camiño para presentalo en Cans o ano que ven.

O 16 de agosto arrincamos.