Salvaterra é un dos concellos da nosa área de influencia onde á moi probable que nas municipais do 27 haxa un cambio de goberno. O PP esgotado, sen modelo nin proxecto, que tendo maioría absoluta sempre, nunca foi capaz de levar uns orzamentos a pleno, probablemente estea vivindo seu último ano de goberno en Salvaterra. De ser posible que se consume o tan necesario cambio, falamos en condicional porque nunca se debe subestimar a capacidade do PP para mobilizar voto, o hipotético novo goberno tería que vir dun acordo entre o PSOE e o BNG. Desta volta falamos con Félix, o voceiro socialista e probable candidato á alcaldía, que amosou a súa disposición a conformar a partir do 27 un goberno alternativo. Velaí vai o que deu de si a nosa conversa.

“Se nas municipais do 27 a suma de actas do PSOE e BNG é de nove ou máis, a miña vontade e formalizar o cambio de goberno que tanto necesita Salvaterra”

Iso é algo que terán que decidir os militantes. Será unha decisión da agrupación socialista.

Estamos xa practicamente aí. Estamos barallando facelo en xullo, ou despois de verán, en setembro.

É algo que barallamos facer nós. A nivel nacional aínda non hai datas claras para as asembleas, depende de cada localidade.

A miña disposición é positiva. Levo tres anos traballando para conseguir o cambio necesario, e máis que necesario, en Salvaterra.

Fixemos un traballo que moitas veces non se ve. Sacamos tempo de onde non o había. Sei que recibimos críticas, porque desde a oposición moitas veces parece que non se fai nada, pero hai que ir aos plenos e ver o traballo realizado. Teño a conciencia tranquila porque demos o mellor de nós mesmos desenvolvendo unha oposición construtiva e de propostas , buscando o ben común para a veciñanza de Salvaterra.

Hai unha expresión popular para referirse ao mal estado de calquera cousa que é :” pasar de Guatemala a guatepior”. A sensación que nos transmite a cidadanía é esa. Se analizamos o que pasou nestes catro anos, vemos que non existe nin planificación nin modelo e que hai un total abandono tanto das parroquias como do casco urbano.

Limítase a xestionar o día a día como pode.

No casco de Salvaterra hai tres zonas ou centros claramente diferenciados: a zona do Concello, a zona onde está o centro de saúde e a zona da Muralla, debaixo da vía. Son espazos que non están suficientemente conectados entre si. Certo é que se abriu a Rúa Galicia que serve ara conectar estes núcleos, pero segue faltando unha visión global de conexión no casco urbano.

É unha cuestión que debe analizarse ben. Está previsto nunha das principais entradas da vila e fronte a unha gasolineira que agora mesmo está pechada. Se no futuro esa gasolineira cumpre a normativa e reabre, haberá que valorar o impacto do tráfico, dos vehículos e da mobilidade da zona.

É algo que preguntamos pleno tras pleno. A última resposta foi que estaban preparados, pero seguimos sen velo e tampouco fan caso as nosas propostas. Penso que non hai vontade política nin vontade técnica.

Evidentemente. Se non teñen o persoal suficiente poden contratar empresas externas para que lles axuden, pero non o fan.

Mala. Aínda que existe un remanente de tesourería importante de 3.000.000€, tamén hai unha gran cantidade de facturas pendentes. Tivemos plenos para aprobar sucesivos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Nun deles falábase de máis dun millóns de euros e anteriormente xa se aprobaran outros por arredor de 300.000 euros.

Exactamente. A conta 413 está cargada de facturas pendentes, iso indica unha xestión económica deficiente.

Estamos pagando mediante recoñecementos extraxudiciais facturas da electricidade correspondentes ao mes de maio do ano pasado. Son gastos previsibles e recorrentes dos que non te podes quedar sen partida a cinco meses de comezar o ano.

Chegaron novos médicos, pero seguimos tendo problemas. Houbo baixas, folga de médicos e situacións complicadas. A situación continúa sendo delicada porque non existe persoal suficiente para atender todas as necesidades da poboación.

Hai unha proposta de ampliación, esperemos que non sexa con barracóns. Iso xa demostra que existen necesidades reais de espazo.

Apostamos por unha ampliación, pero unha ampliación digna e acorde ás necesidades reais.

Si, radicalmente si.

Porque hai que pensar a longo prazo e xa imos tarde. O modelo do PP de Salvaterra, está esgotado, esclerótico , catatónico… Non se trata de gañar unhas eleccións cada catro anos, senón de sentar as bases para que Salvaterra teña futuro, e con este goberno Salvaterra alén de xestionar o día a día como boamente poden, máis ben malamente,non ten futuro ningún.

Ben, polo que sabemos sería para aparcadoiros ou incluso para ampliar as instalacións. Casualmente esa parcela é propiedade de Arturo Grandal, e polo que nós investigamos non vale o que queren pagar por ela.

Daquela quedamos a moi poucos votos do cambio. Neste momento non temos información que indique iso. Non coñecemos rumores nin movementos nesa dirección dunha lista alternativa.

Evidentemente. Se os números dan, haberá que sentarse, comparar programas e buscar puntos de consenso para formar un goberno.

Si, claro que si. Se o obxectivo é o cambio político en Salvaterra, haberá que falar e buscar acordos.

Facer unha auditoría das contas municipais. Hai moitas dúbidas sobre o gasto e sobre a situación económica real do Concello. É necesario coñecer exactamente onde estamos.

Sanear as contas, elaborar uns orzamentos realistas e definir un modelo de futuro para a Salvaterra das próximas décadas.