No mesmo centro de Vigo, na rúa Rolda de Don Bosco número 36, está unha tenda enormemente orixinal: Friki Manía. Eles son o paraíso para todos os fans das series televisivas de culto nos anos 80 e 90 do século pasado, para os fanáticos do anime , dos vídeo xogos e das películas clásicas cuxos efectos especiais se facían de maneira artesanal cando a imaxinación humana aínda non fora substituída pola intelixencia artificial.

O meu camiño e o seu cruzáronse de casualidade hai poucas semanas, e non puiden resistir a tentación de conversar con eles para coñecelos un pouco mellor. Velaí vai o que deu de si a miña conversa con Iván, o propietario da tenda, un tipo agradable, bo conversador e unha auténtica enciclopedia vivinte sobre o universo que podemos atopar no seu negocio.

Iván Alonso, propietario.

Ben, pois eu son de Vigo, nacín na zona de Hispanidade e teño 37 anos.

Comecei a traballar moi pronto, xusto despois do bacharelato, porque na nosa casa facían falla os cartos. Entón inicialmente traballei como zapateiro.

Ha, ha, ha, ha..Pódese dicir que si. Digamos que por un contacto na familia, tiven a oportunidade de probar e gustoume. Comecei nunha pequena zapatería de barrio e logo fun a unha franquía importante, ata que me decidín a montar a miña propia tenda.

O negocio baixou substancialmente, tiña que traballar moito tempo para sacar moi pouco beneficio. Entón decidín cambiar de sector e traballei nunha fábrica, pero

Tal cal, así foi..Eu son unha persoa moi creativa ,e sentía que algo faltaba na miña vida. Entón merquei unhas máquinas 3D e comecei a facer cousas na casa. No 2023 suxeríronme asistir a unha feira Friki que se fai no IFEVI e levei cousas das que eu facía.

Para min, ser friki é ser fan de algo que se aparte do que é puramente convencional: películas, anime, vídeo xogos…

Si, claro. Son fan de moitas cousas. Por exemplo son especialmente friki da serie de TV “Breaking bad”.

Foi moi ben, vendín moito. O noso posto gustou á maioría dos visitantes, e xa me foi moito máis fácil asistir á segunda edición. Despois tamén asistín á GFF, outra feira friki que se fai na praza elíptica. Entón me animei a ver locais. Encontrei este e encantoume pois ten todos os espazos que necesito, tanto para traballar como para vender. Abrín a tenda en novembro do 2024.

Dúas,teño un empregado.

Unha variedade moi ampla de produtos relacionados coa cultura friki: Bustos, figuras, dioramas, lámpadas, todo tipo de filamentos….

Si, e é algo que me gusta moito. Calquera cliente pode encargarme a figura que lle guste, e para min será un pracer pór o mellor de min mesmo para que quede satisfeito

Pois si, agora mesmo estou facendo un encargo dun neno que lle quere agasallar ao seu pai a figura de Iago Aspas celebrando un gol, que penso que vai quedar moi bonito.

Non, non son perigosas porque nin están afiadas nin se poden afiar. Son de attrezzo. Véndoas fundamentalmente para disfraces. Teño moitos clientes aos que lles gusta disfrazarse do seu personaxe favorito.

Ha, ha, ha, ha.. pois iso, velaí tes o friki: a nosa propia esencia.

Valóroo moi positivamente. Traballo moito e todo está carísimo, pero estou vendo resultados positivos o que é moi gratificante.

Si, si que compensa. Aínda que nós tamén temos unha liña aberta de venda on line a través de ETSY, unha plataforma para a venda de artesanía.

Estou moi satisfeito co que fago actualmente, pero non podo saber que pasará no futuro. Esa pregunta só a pode responder o paso do tempo.

Temos perfís moi variados. Se cadra o máis numeroso está composto por persoas que están entre os 30 e os 40 anos.

Eu creo que é a xeración na que o friki estivo en parámetros máis elevados e que viviu o auxe dos vídeo xogos. E en moitas ocasións adquirir figuras ou coleccións antigas serven para evocar os momentos felices da infancia. Agora mesmo, coa intelixencia artificial, todo está un pouco máis refrito. Nestes tempos a orixinalidade propia da imaxinación humana está en decadencia.

Non sei se o esencial, pero estou absolutamente seguro de que si é tremendamente importante no noso mundo .

Si, claramente si. O que vendemos nós está ao alcance de todos os petos. Aquí podes adquirir cousas realmente bonitas desde tan só 5€.