Tino Lago

O acceso á vivenda é enormemente difícil, o que é un grave problema que pon en risco os alicerces da sociedade tal como a coñecemos. Mercar un piso a un prezo razoable é unha quimera, e alugalo como residencia habitual , para calquera que non teña unha situación económica de extraordinaria solvencia, estase a converter case nunha misión imposible. Persoas novas moi formadas, con titulación universitaria e todo tipo de estudos de complementarios, vense na obriga de compartir vivenda pois o que gañan nos seus traballos non lles dá para poder pagar un alugueiro e poder vivir.

Isto é así porque o sistema permite que o que é esencial para a vida; a saúde , a educación, os alimentos e agora tamén a vivenda poidan ser obxecto da actividade especulativa que permite que uns poucos se enriquezan de maneira indecente, a conta do sufrimento das clases traballadoras. A contestación social contra os abusos , que xorde a raíz do dramático desafiuzamento dunha muller de 87 anos en Madrid, comeza a ser significativa en moitas localidades do estado. En Vigo aparece a principios deste ano un colectivo denominado Alianza Pola Vivenda, que agrupa a máis dunha ducia de asociacións da sociedade civil organizada , tanto as que fan da vivenda o seu eixo central de actuación como outras que abranguen un espectro máis amplo de acción social ou sindical. Nós falamos con Juan Medela, un dos seus voceiros

Ben, pois eu teño 48 anos son de Vigo e vivo aquí. Pero regresei hai pouco á terra, pois estiven máis de 15 anos vivindo en Andalucía. Son mestre de lingua estranxeira e antropólogo social e cultural.

Xorde a principios deste ano, 2026. Houbo conversas previas a finais de 2025, pero a primeira reunión oficial foi en xaneiro. Nace nun contexto no que o problema da vivenda estaba a medrar. Deixou de ser un elemento sectorial para converterse nun problema transversal.

Comezamos organizacións que traballabamos especificamente neste ámbito da vivenda, pero axiña se incorporaron outras que, aínda que non tiñan a vivenda como liña prioritaria, entendían que o problema era suficientemente grave como para implicarse conxuntamente.

O máis salientable é que buscamos construír un método de traballo operativo que permita que esta experiencia perdure mentres sexa necesaria, sen absorber o traballo propio de cada colectivo. Queremos que cada organización poida continuar coa súa actividade e, ao mesmo tempo, sumar esforzos no traballo conxunto.

Estamos nun contexto complicado, cunha crise tanto da militancia como da mobilización social. Ou sumamos forzas entre as organizacións que queremos traballar neste ámbito ou, por separado, non somos capaces de chegar tan lonxe.

A Alianza está pensada para artellar esa incidencia política e avanzar cara ao noso obxectivo principal: garantir que toda persoa que o precise poida acceder a unha vivenda digna, estable e asumible.

Tamén hai unha serie de medidas concretas que propoñemos aplicar de maneira urxente:-Declarar Vigo como zona de mercado tensionada para poder aplicar o control de prezos-Crear un parque público de vivenda a partir das casas valeiras- Poñer freo aos pisos turísticos-Aplicar un plan con perspectiva de xénero-Rematar co chabolismo-Acabar cos prácticas inmobiliarias racistas contra a poboación migrante.

Somos arredor de 18 organizacións. Entre as que traballan directamente na vivenda están o Sindicato de Inquilinas de Vigo e o Foro Socio-educativo As Ninguéns e Amnistía Internacional. Tamén colaboramos con organizacións sociais, veciñais, ecoloxistas e sindicais. É un espectro amplo do tecido social.

O noso ámbito principal é a cidade de Vigo, pero están xurdindo iniciativas noutros lugares, como no Morrazo, e estamos dispostos a colaborar con elas e coas organizacións que pelexen polo mesmo.

Seguimos batendo récords históricos no prezo da vivenda, xa non mensualmente, senón ás veces semanalmente. Isto afecta tanto á compravenda como ao alugueiro, aínda que nós traballamos especialmente sobre este último. Os prezos seguen subindo e parece que non atopan teito.

Ao mesmo tempo, a oferta de pisos en alugueiro está a reducirse.

Segundo os datos do INE, en Vigo hai máis de 22.000 vivendas baleiras e arredor de 11.000 persoas demandantes de vivenda pública. Con eses datos, en principio, non debería existir un problema de vivenda destas dimensións e non se tería que construír moito máis.

Non tería que habelo, claro que non. Pero haino. Os principais gobernos e partidos políticos defenden que, se se constrúe máis e aumenta a oferta, o mercado se regulará e os prezos se estabilizarán. Esa é a explicación que levan tempo ofrecéndonos.

Nin explica nin soluciona o problema. Só temos que mirar atrás, á crise financeira de 2008. Daquela había unha sobreoferta de vivenda e, a pesar diso, os prezos seguían subindo. Chegou un momento no que os ingresos da xente non medraban ao mesmo ritmo que os prezos e as persoas xa non podían asumir o custo dunha vivenda. Cando se paralizou a compra, chegou a crise.

Agora o contexto é diferente. Hoxe o problema maniféstase especialmente no alugueiro. A capacidade económica das persoas foi empeorando, mentres o custo da vivenda aumentaba.

Neste país vendeuse a idea de que a única maneira de conseguir estabilidade era mercar unha casa. Porén, noutros estados europeos pódese vivir de alugueiro. E aquí, ata hai poucas décadas, tamén existían contratos indefinidos e prórrogas automáticas vivindo de alugueiro.

Se non entendemos o pasado, é moi difícil comprender o que está a suceder no presente. Pero hai un terceiro elemento fundamental para explicar o problema: a especulación.

Si, claramente si. No Sindicato de Inquilinas estamos atopando moitísimos casos de persoas que levan vivindo cinco, quince, vinte anos ou mesmo máis tempo na mesma vivenda, ata temos un caso dunha persoa que leva máis de 60 anos na mesma vivenda. De súpeto, reciben un burofax comunicándolles que non lles van renovar o contrato. Se queren continuar, poden asinar outro pagando entre 200 e 400 euros máis ao mes.

Isto non ten que ver coa falta de oferta, porque esa vivenda xa está habitada. Ten que ver coa intención de obter un beneficio maior a través da especulación.

Efectivamente. Outro problema é o uso fraudulento dos alugueiros de tempada para reducir os dereitos das persoas inquilinas. Os contratos de vivenda habitual teñen limitacións relativas á duración, ás prórrogas e ás actualizacións da renda que non operan do mesmo xeito nos contratos de tempada. Tamén está a medrar o alugueiro por habitacións.

Si, cada vez máis.E temos outro problema que é o paso da vivenda habitual ao alugueiro turístico, porque ofrece unha rendibilidade maior.

É o que está acontecendo. O problema non ten unha única causa: conflúen distintos factores, pero, se esquecemos que a raíz é a especulación e o analizamos unicamente en termos de oferta e demanda, nunca o imos solucionar. Os gobernos municipal, autonómico e estatal non están facendo o necesario para impedir a especulación. Seguen pensando que aumentar a oferta vai regular o mercado.

Eran un primeiro paso. Estas medidas de emerxencia que se propuxeron recentemente estas dúas semanas eran un primeiro paso para evitar que milleiros de persoas queden na rúa. Tamén tiñan algún elemento para dar un pouco máis de estabilidade, como os contratos indefinidos, que existen noutros lugares de Europa e que aquí tivemos no pasado.

O artigo 47 da Constitución recoñece o dereito a unha vivenda digna, pero tamén establece que os poderes públicos deben adoptar medidas para impedir a especulación. É dicir, esa obriga está recollida na propia Constitución.

O problema é que neste país, durante o final do franquismo e as décadas posteriores, a construción converteuse nun dos principais piares económicos. A vivenda foi tratada cada vez máis como un investimento. Por iso, construír centos de miles de pisos non vai resolver por si só o problema. Se queremos solucionalo, temos que ir á raíz: impedir a especulación cun ben básico como a vivenda.

Exactamente. A vivenda ten unha dobre función: social e económica. O problema é que, no noso Estado, a función social está subordinada á económica.

A función social é a que debe predominar, porque non estamos falando dun produto de investimento calquera, senón dun ben básico para a vida. Non podes vivir dignamente se non tes acceso a unha vivenda.

Hai moitísimas persoas en emerxencia habitacional.

Antes asociabamos o problema da vivenda ás persoas que non tiñan traballo ou non dispoñían de recursos. Parecía un grupo reducido da sociedade. Pero, ademais de medrar ese grupo, a crise está afectando tamén á clase traballadora. Podes ter un traballo e non ter posibilidades de acceder a unha vivenda digna para ti e para a túa familia. Podes verte obrigado a compartir piso porque non podes asumir o custo dun alugueiro.

Segundo os datos do Ministerio de Xustiza, estamos falando dunha media dun desafiuzamento cada tres ou catro días. No primeiro semestre deste ano houbo arredor de 109, polo que podemos acabar cunha cifra anual moi elevada.

Pero tamén existen os desafiuzamentos invisibles: os que se producen cando non se renova un contrato. Unha persoa pode cumprir todas as súas obrigas, pagar a renda, coidar o piso e manter unha boa relación coa propiedade, pero ten que marchar porque o propietario quere gañar 200 ou 400 euros máis ao mes.

Debería, pero non o fai. As persoas teñen que recorrer á familia, ás amizades ou ás ONG.

Para facernos unha idea, o albergue municipal para persoas sen fogar ten moi poucas prazas e a estancia é limitada. Despois dese período de 15 días de estadía, tes que buscarte a vida. Hai moita xente que está na rúa que non podo acceder ao albergue por falta de prazas.

E, dos que acceden, se lles ofrece axuda para pagar un alugueiro durante uns meses, pero hai que atopar unha vivenda dispoñible e cumprir os requisitos que esixen: ingresos elevados, garantías de dous meses, seguro de falta de pagamento e outras condicións que moitas persoas sen recursos non poden asumir.

Hai de todo, pero os grandes actores son os bancos, as empresas, os fondos de investimento e os grandes propietarios que acumulan moitas vivendas. En Galicia, a presenza dos grandes propietarios é importante, mentres que a chegada dos fondos voitre aínda é incipiente.

Tamén hai casos de persoas que herdaron vivendas e que, cando falece o propietario co que existía unha relación de alugueiro de longa duración, deciden non renovar o contrato ou subir a renda de maneira moi importante.

Non todos os propietarios son especuladores. Hai quen entende que a vivenda é un ben básico e obtén unha rendibilidade sen facer depender toda a súa economía diso. O problema aparece cando se interpreta que a vivenda é unicamente un ben de investimento e se esquece que é un dereito básico para a vida no barrio.