Xoán Carlos González Campo, ” RENFE debe aumentar o número de trens diarios da liña Guixar -A Coruña”

A construcción do apeadeiro do tren en Chapela, constitúe un novo fito na mellora da mobilidade sostíbel da parroquia O acordo de investidura asinado polo BNG no ano 2023 deulle un novo pulo a este medio de transporte. Malia os anuncios en plena precampaña que xa advirten que o apeadeiro non entrará en funcionamento ata 2027, dende a organización nacionalista valórano positivamente.

O voceiro nacionalista Xoán Carlos González Campo, considera “innegociable que se planifique un servizo que realmente sexa útil e barato para os nosos veciños e veciñas”. Considera que “RENFE está obligada a aumentar os raquíticos tres convois diarios en cada sentido da liña Guixar-A Coruña”. Para engadir que contiuarán defendendo que o apeadeiro poida comunicar Chapela con Vigo e Pontevedra de xeito máis dinámico, engadíu.

Respóstase á necesidade de dotar dun medio de transporte rápido e eficiente no transporte de persoas. O apeadeiro converteuse nunha promesa incumplida dende hai máis dunha década.

Nunha recente visita a Chapela a actual candidata do BNG ao Congreso Carme da Silva declarou que “continuaremos traballando para implantar o Tren de Proximidade, no que este apeadeiro constitúe unha peza clave”. Garantir maior presenza e que a organización nacionalista sexa determinante na conformación dun novo goberno do estado, condicións indispensables para acadalo.

No encontro mantido con colectivos da parroquia, da Silva aclarou que “era preceptivo o estudio previo de tránsito de trens para que se incluíran as paradas, prestando verdadeiramente un servizo acorde ás demandas sociais”.