Carme da Silva é unha muller de Mourente, veterana militante nacionalista con ampla experiencia nas institucións, foi concelleira, deputada autonómica e senadora, que lidera a candidatura do BNG na provincia de Pontevedra. Todas as enquisas sitúana como deputada despois do 29N.Nós falamos con ela, e amosouse enormemente ilusionada e honrada coa posibilidade de defender os intereses do pobo galego en Madrid a partir do 29N. Carme afirma con paixón e convicción o traballo do nacionalismo a prol dos intereses de Galicia, e pide a confianza dos electores para que o BNG teña a maior forza posible despois do próximo proceso electoral.

Ben, eu son de Pontevedra,en concreto da parroquia de Mourente. Son licenciada en químicas. E xa desde moi nova, desde que estiven no instituto, tiven interese pola política e sensibilidade polas circunstancias do mundo no que nos tocou vivir.

Se cadra as loitas contra a presenza de ENCE na nosa ría. Eu cheguei ao BNG desde o movemento ecoloxista e tamén desde a defensa do idioma galego.

Estou convencida que si. O que fixo Mariano Rajoy de darlle unha prórroga de 60 anos, cando estaba en funcións, foi unha traizón a Pontevedra e a Galiza enteira. Teño a convicción de que a sociedade galega nunca llo vai perdoar ao PP. É un tapón para a ría de Pontevedra que lastra gravemente as súas posibilidades de desenvolvemento. Tardará máis ou menos, pero acabaremos por conseguir sacala de aí.

Teño unha enorme ilusión en ser útil ao pobo galego, e encaro esta etapa da miña vida con toneladas de entusiasmo. Estas son unhas eleccións nas que nos xogamos que os asuntos de Galiza pasen dunha axenda a que existan posibilidades verosímiles de que se fagan realidade. E iso só se poderá facer se o BNG ten unha forza salientable en Madrid. Alén de con moitos ánimos encároas con esperanza, con esperanza de que si é posíbel. E desta maneira o tratamos de trasladar á sociedade galega.

Si, si que a teño. Xa levamos tempo en liña ascendente, pero o que percibo agora é unha onda enorme, como nunca antes, de simpatía cara ao BNG, como única opción para facer fronte a un sistema cruel e desigual no que os ricos son cada vez máis ricos e no que unha parte cada vez maior da sociedade vese empobrecida.

É unha aspiradora dos recursos de Galiza. E fronte ao espolio só a defensa firme e inquebrantable dos nosos intereses, que fai o BNG, é a única barreira posible. Se as persoas que nos apoiaron nas eleccións galegas, que consolidaron ao BNG como a única alternativa ao PP, nos volven a honrar coa súa confianza, a forza que terá o BNG en Madrid será moi importante, e en consecuencia a defensa dos nosos intereses, dos intereses das maiorías sociais do pobo galego, será máis fácil e máis importante.

Non tiven ocasión. A esa hora estaba participando noutra actividade. É que programar un debate electoral para un luns ás 9:30 da mañá, denota unha intencionalidade máis que evidente de que non o vexa ninguén. A TVG é un medio público financiado cos cartos de todos os galegos e galegas, pero que está ao servizo do PP que non se atreve a debater co BNG en horario de máxima audiencia.

Non podo, claro que non. E non podo porque non a hai. A intencionalidade de ocultar as propostas das outras forzas políticas é o único motivo que explica a emisión dun debate electoral un luns laborable ás 9:30 da mañá. Os venres negros das traballadoras e traballadores da TVG non xorden sen motivo. Aproveito a oportunidade da entrevista para expresar a solidariedade do BNG cos traballadores e traballadoras dese medio que sofren todo tipo de presións para non desenvolver o seu traballo con liberdade.

Ben, cada un pode dicir o que queira desde logo. Pero a realidade é a realidade, e isto que vou dicir agora non é opinable: é o BNG quen pon ese asunto na axenda estatal.

Iso é así sen matices .Convido aos lectores e lectoras a que vexan as iniciativas que presentaron en defensa dos intereses de Galiza os deputados galegos do PP, PSOE e Sumar e comprobarán que foi algo anecdótico. O Caso da AP9 quen o pon no acordo de investidura, quen consigue que se debata a transferencia nas cortes do estado, e quen consegue que se aprobe é o BNG.

Non, non é así. É máis, e radicalmente falso. A lei di claramente que as repercusións económicas que houbese tería que asumilas o estado. O problema é que o PP non quere que a AP9 sexa galega, e agora que grazas ao BNG se aproba a transferencia o que fan é boicoteala.

Ben, agora anda a dicir que el nunca dixo iso. Pero Feijoo pode dicir unha cousa e a contraria nunha mesma mensaxe sen ningún problema. O número de vivendas públicas que promoveu nos seus anos de presidente da Xunta foi ridículo, xa que logo agora pode dicir , 1 2, 3 millóns, ou o os millóns que queira, pero non ten credibilidade algunha.

O mesmo que ao contrato con Galiza que presentou no 2009 e do que incumpriu todo o que asinou. Ningún. É algo que carece do máis mínimo valor. É pura propaganda.

Si, si que o hai, un perigo máis que evidente. El mesmo dixo que eliminaría o ministerio de igualdade. Se goberna o PP vaino facer con quen non se corta un pelo en negar a existencia da violencia machista, ou en chamar a cazar persoas. Como non vai haber perigo¡

Altri parouno a sociedade galega nun exercicio colectivo de orgullo e dignidade. O PP está a favor e o PSOE mantivo unha posición vacilante. Polo tanto si que hai risco de que se reactive. O PP está agardando o momento para podelo facer.

O ruído e o balbordo da política madrileña son moi desagradables. É absolutamente vergoñento. No senado maniféstase con maior intensidade por mor da maioría absoluta do PP. No canto de debater sobre propostas e ideas ,o que fan é berrar e insultar. En calquera caso para min ter defendido o interese do pobo galego foi unha auténtica honra,e se as e os electores nos distinguen coa confianza necesaria para podelo facer no congreso, todas as deputadas e deputados do BNG poremos o mellor de nós mesmos cun único obxectivo: A defensa do ben común das maiorías sociais do noso pobo, o pobo galego.

Indiscutiblemente si, pero non creas que hai moita diferenza co actual goberno. Queda moi bonito dicir “non á guerra” , pero se a realidade dos feitos son que se aumenta o gasto militar en miles de milleiros de €, é que entre o que se di e o que se fai hai un camiño moi longo. No ano 2026 hai 35.000.000 de € para o gasto militar, e 840 para vivenda. Ese é o goberno máis progresista da historia?.E nos consellos de ministros e ministras que aproban eses gastos non só se senta o PSOE.

É unha pregunta de fácil resposta: A defensa inquebrantable e innegociable dos intereses das maiorías sociais do pobo galego. Hai moito campo para traballar: Infraestruturas, dereitos culturais , dereitos democráticos, avanzar no recoñecemento da plurinacionalidade do estado, a defensa das nosas rías, os dereitos das mulleres galegas…

É evidente que Feijoo non merecía ter sido presidente de Galicia. Que podemos esperar do responsable do decreto da vergoña no que se prohibe utilizar a lingua galega nas materias científicas?

Absolutamente vergonzoso. Están avalando a situación tan crítica na que se encontra o noso idioma.

Nunca fago quinielas. A sociedade galega é a que manda. Agardo que nos dea a maior capacidade de representación posible porque, desde a absoluta honestidade intelectual, teño a convicción de que a forza que teña o BNG é o mellor camiño para a defensa do ben común das mulleres e homes de Galiza.

Eu se fora unha moza galega de 21 anos votaría ao BNG, porque nós nunca fallamos, sempre facemos o que dicimos, cumprimos todos os nosos compromisos e temos moi claro que só obedecemos a un único interese: o ben común das maiorías sociais do pobo galego.

Eu quero que unha moza galega de 21 anos poida gañar a vida con dignidade en Galiza, e non teña que marchar fóra ou estar condenada a traballar por un soldo de merda, e para iso eu votaría ao BNG para que teña toda a forza posible na defensa non só dos meus intereses, senón tamén na defensa dos intereses de todas as mozas e os mozos galegos.