Autor: Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero

Actos da memoria que seguen na memoria despois do tempo

Culminou un traballo, pequeno e grande á vez. Un traballo que suma moitas vontades, un traballo de esforzos. Tratábase de recuperar os restos de catro persoas que loitaron pola dignidade, pola legalidade. Pero iso hoxe, ben sabemos, non cotiza en bolsa e por iso ten pouca transcendencia. Anque en si, xa somos ben deles, sabemos que ten moita, moita importancia

Read More

Desde o rural, afogados

Non sei de que nos estrañamos. Ao rural sempre vén aquilo que noutros sitios sobra ou que directamente ninguén quere. Os lodos dos filtros das fábricas das cidades, dos polígonos industriais que fomentan a produción e a industria abrasiva, veñen parar ao medio dos eucaliptos, ás agachadas, no medio da noite, ou no medio dunha mina abandonada, para tamén tirar vacas tolas coma noutrora

Read More

Costa abaixo e sen freo

A degradación, nesta película que nos poñen diante dos ollos, é total e sálvanse os tolos tarabelos. A política está en cotas de números moi negativos, de erros continuos e o peor do conto, de moita xente prexudicada. Temos a impresión de xa ter visto algunhas das escenas e, desde o sosego da cadeira, contemplar os medios de comunicación ao servizo da algarabía e botellón, dos que negan a mesma negación para afirmarse

Read More

MATRIA E PATRIA

Ano de 2021, 25 de xullo, como cada ano, Día da M/Patria Galega. Día de celebración e sobre todo exercicio. Anque este debera ser todo o ano, celebrando así, nesta Lingua que nos ocupa, nesta Matria que nos envolve, nesta Historia que nos define, propietarios para gardar canto temos e enriquecelo en porvir de confianza, sendo críticos, esixindo o que é noso e sen cegarnos, sendo solidarios e xenerosos

Read More