Galiza Nova refórzase coa integración de Isca!
A mocidade do BNG únese nunha soa fronte común, consolidando Galiza Nova como a organización política referencial para a mocidade galega […]
A mocidade do BNG únese nunha soa fronte común, consolidando Galiza Nova como a organización política referencial para a mocidade galega […]
Colectivos memorialísticos, asociacións culturais e entidades de todo o país comezan a se organizar para responder á ameaza dun novo espolio do Pazo despois de que a xustiza española concedese permiso á familia do ditador para retirar bens móbeis xa catalogados de Meirás, que goza da protección de BIC […]
A organización nacionalista reclama ao Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana que actúe nos tramos da N-559 e N-120 […]
Á febre eólica fomentada pola Xunta de Galicia sumáronse nos últimos tempos megaparques tramitados polo goberno español que intensifican máis a política do espolio que estamos a sufrir en Galiza […]
Os grandes poderes económicos son especialistas en apropiarse do discurso e poñelo ao servizo dos seus intereses. Renovábel, sustentábel ou circular son os novos mantras que o capitalismo utiliza para travestirse de verde e supostamente capitanear a preocupación polo medio e a loita contra a emerxencia climática. As mesmas corporacións que fixeron grandes negocios coas enerxías fósiles e puxeron o mundo ao borde do abismo son as abandeiradas da transición ecolóxica e do desenvolvemento sustentábel […]
Oferta e demanda, sociedade consumista, administración opaca, quen fai a lei fai a trampa, espolio da terra, portas xiratorias…. E así poderiamos seguir ata mañá describindo a situación que estamos a vivir coa invasión dos parques eólicos en toda Galiza e particularmente na zona que nos afecta Serra da groba, Galiñeiro e monte da Valga […]
O Día das Letras Galegas é un día de festa no noso país iniciado no ano 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a todas aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en galego ou pola defensa da nosa lingua. Cada ano dedícase a unha persoa diferente, escollida pola Real Academia Galega, e un dos requisitos para poder optar a este recoñecemento e ter falecido polo menos dez anos antes da homenaxe. Desde a instauración desta celebración, soamente en 1998 houbo unha dedicación conxunta aos poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho. […]
O Consello de Europa vén de facer público o informe de avaliación a medio termo do 5º ciclo de avaliación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas elaborado polo Comité de expertos deste tratado internacional, onde se constatan de novo os incumprimentos respecto ao galego […]
Néstor Rego defende a aplicación da Tarifa Eléctrica Galega para beneficiar “a familias e empresas galegas pois Galiza é excedentaria e exporta enerxía ao resto do Estado, na súa maioría renovábel, pero segue a pagar unha das facturas eléctricas máis altas” […]
Néstor Rego defende os dereitos fundamentais, como o de non discriminación, liberdade, manifestación e á intimidade e propia imaxe, que se ven gravemente afectados neste proxecto ao outorgar máis poderes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para reunir, tratar e almacenar datos sobre a cidadanía, sen control xudicial e sen respectar o dereito á presunción de inocencia das e dos investigados […]
Copyright © 2026