Goián homenaxea ás súas ‘Madriñas’
Vén de editarse un catálogo para divulgar a vida e obra das mulleres que poñen nome ás aulas do centro […]
Vén de editarse un catálogo para divulgar a vida e obra das mulleres que poñen nome ás aulas do centro […]
A proposta, realizada pola Fundación Xoán Piñeiro, aprobouse no pleno municipal e procura servir como homenaxe ao se cumpliren 100 anos do nacemento do artista
Tomiño, 13 de novembro de 2020.- O histórico artista Xoán Piñeiro, vencellado a maior parte da súa vida a Goián, terá finalmente unha rúa dedicada como homenaxe ao se cumpriren 100 anos do seu nacemento. A rúa escollida para este recoñecemento é a que conduce ao antigo obradoiro do artista, situado no número 108 do barrio Tollo, en Goián. A iniciativa da Fundación Xoán Piñeiro contou co total respaldo do Concello de Tomiño, que tal e coma vén facendo cos seus artistas, quere valorizar a súa figura e destacar a contribución do artista á cultura galega e á identidade do concello.
A proposta foi levada ao pleno municipal celebrado este xoves, resultando aprobada co apoio unánime de todos os grupos políticos da corporación. O pleno celebrouse a porta pechada co fin de extremar as precaucións. Para manter as distancias axeitadas de separación entre persoas os concelleiros ocuparon a práctica totalidade do salón de plenos.
Xoán Piñeiro naceu en Nerga (Cangas) en 1920, mais pasou boa parte da súa vida en Goián, lugar que escolleu para instalar o seu estudo e onde o propio artista descansa. Formouse en Madrid, de onde volta en 1962 para instalarse primeiro en Vigo, onde comeza a traballar dentro das murallas do Castro. Dous anos despois trasládase definitivamente a Goián montando alí o seu obradoiro.
A pesar de que a pretensión do artista era o aillamento, o obradoiro de Piñeiro converteuse nun punto de encontro para moitos persoeiros vencellados co mundo da cultura, tales como Eliseo Alonso, Xavier Pousa, Antonio Fernández, ou artistas como Picallo, Antúnez ou Silverio Rivas, así como multitude de aprendices que querían coñecer de preto o oficio da escultura.
Piñeiro conseguiu poñer en marcha unha técnica de fundición inexistente ata o momento en Galicia, baseada na fundición en bronce á cera perdida, polo que pode decirse que é a partir dos anos 70 cando comeza a realizar gran parte da súa obra neste material, converténdose nun auténtico referente escultórico neste eido.
En 1991, unha das súas fillas, Cuqui Piñeiro, reconverte o obradoiro do artista nunha empresa de fundición profesional, perpetuando e ampliando e legado e o espíritu do escultor, con obra en tódalas cidades galegas e con encargos en toda a península. […]
Mantéñense as reducións aos perceptores da RISGA ou aos fogares cunha renda familiar inferior ao SMI, entre outros […]
As posibilidades que ofrece Google Docs o como utilizar a Sede Electrónica do Concello, son outras das propostas da oficina xuvenil municipal […]
O obxectivo do proxecto, promovido pola Asociación de Desenvolvemento EuRural, foi potenciar a autoestima a través da fotografía […]
O Concello cumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria e reduce o período medio de pago a proveedores a 10 días […]
No Parque de Lazer do Castelinho con motivo da Semana Europea da Cooperación […]
A alcaldesa fixo un saúdo especial á Comisión de Festas do Alivio, que este ano, nun exercicio de responsabilidade, decidiu suspender as Festas do Alivio por 1ª vez […]
No municipio viven 13 persoas que roldan ou superan os 100 anos. A concelleira de Benestar visitou estes días a Sara Portas, Sara Rodríguez e Olga Ruggiero polo seu aniversario […]
A mostra estará aberta ao público do 29 de agosto ao 13 de setembro no Mercado de Tomiño. Está organizada pola AECT Río Minho e a CIM Alto Minho ao abeiro do programa SmartMinho […]
Copyright © 2026