25 de Xullo. Día Nacional de Galicia
O pasado sábado foi o día nacional do meu país, porén foi un 25 de xullo diferente. As circunstancias sanitarias que vive a humanidade, inmersa na loita contra a pandemia vírica do coronavirus, fixeron que por primeira vez en varias décadas non estivera percorrendo as rúas de Santiago canda milleiros de homes e mulleres que, coma min ,queremos expresar tanto a nosa convicción de que Galicia é unha realidade singular no mundo, nin mellor nin peor que ningunha outra […]
