Tino Lago
A saúde auditiva é chave para termos unha calidade de vida adecuada. Porén non lle damos a importancia que en realidade ten. E cando non desenvolvemos as medidas de prevención adecuadas para conservala en condicións óptimas, nin nos preocupamos de sermos examinados de cando en vez por un profesional, corremos o risco de deteriorar, ou incluso de perder, a posibilidade de escoitar. Imaxinan como sería a vida sen podermos escoitar ás persoas que queremos?, como sería sen non tiveramos a posibilidade de saber o que se sinte cando a dozura das palabras de amor aloumiña a nosa alma?, Como sería sen coñecer a Chopin? ,Sen saber como son as sensacións vitais que nos provoca calquera canción que nos emocione?……A resposta a estas e a mil preguntas semellantes é moi fácil; sería moito peor da vida que temos cando escoitamos ben. Para coñecer as chaves dunha saúde auditiva adecuada conversamos con María, a responsable sanitaria de Audífonos Escoita en Ponteareas e unha excelente conversadora
María Fernández. Responsable sanitaria de Escoita.
“Cando un usuario comproba a diferencia de calidade de vida que supón recuperar a audición dálle tal felicidade, que chega a ser emocionante”
María, cantos anos de vida ten Audiófonos Escoita?
A principios deste verán facemos cinco anos.
Estades só en Ponteareas ou tedes algún outro local?
Estamos en Ponteareas, Tomiño, Tui, Ourense e Vigo.
Que valoracións fas destes cinco anos?
Marabillosos. Ao principio nacemos en Ponteareas, neste local, e nos fomos espallando ao resto de cidades que che acabo de comentar. Case foi por petición popular das xentes destas cidades.
Afectou a pandemia ao vosos volume de negocio?
Ao principio si, pero como somos servizo esencial non tivemos que pechar nunca. Fixemos servizo a domicilio gratis a todos os clientes, incluso aos que non eran nosos. Eu dediqueime a viaxar por toda a provincia para atender a todo o que precisara, mesmo para servizo de pilas dous días a semana.
Aquí levas cinco anos, pero canto tempo levas como audioprotesista?
Levo máis de dez anos.
E gústache o que fas?
Encántame.
Que é o máis bonito?
Cando che ven xente que non é consciente do mal que está. A perda de audición é progresiva e a xente adaptase a escoitar pouco. Cando veñen a por uns audiófonos e ves a súa reacción é marabillosos mesmo hai xente que lle caen as bágoas de felicidade, saber que lles estás cambiando a vida. É emocionante.
E o que máis te desgusta?
Hai xente que ben só pensando que isto é un negocio, e si que é o noso modo de vida, pero ten moito máis. Isto é saúde e calidade de vida.
É molesto colocarse un audífono?
Non, se está ven adaptado aos tres ou catro días xa non te decatas de que o levas. Nin son molestos nin se ven.
É permanente?
Non, tes que sacalo para durmir e para asearte. Os audiófonos son electrónica. E a electrónica e a humidade non se levan ben.
A perda de audición comeza cando unha persoa é maior?
Non. Hai moitas causas de perda de audición. Hai xente que nace con ela, e a estes bebes xa se lle poñen audífonos con tres meses.
E sempre é corrixible unha perda de audición?
Non. Hai casos en tanto pequechos como maiores teñen o nervio auditivo esnaquizado.
Entón isto é causa de xordeira incorrixible?
Si e non. É un tema complexo.
Unha cousa e escoitar e a outra entender o que se escoita. Para o entendemento precisamos unha calidade do nervio auditivo, se este está deteriorado por vellez ou por deixar de escoitar e non por os audiófonos a tempo, aquí a calidade baixa e non é recuperable. Canto antes se poñan os audífonos mellor para non chegar tarde.
E que factores poden ser causas desta perda auditiva?
A vellez, cos anos; en bebés, de nacemento, nos nenos e nenas pequenas o moco infantil que se pasa ao oído. Ata a idade de entre os 9 e 12 anos as persoas temos o oído en diferente postura . Quero aproveitar para significar algo moi relevante: é preciso sacarlle o volume aos xoguetes de bebés con ruídos. Non precisas ese estímulo, son ruídos moi metálicos, moi agudos e os bebés teñen moita máis sensibilidade que os adultos e estes estímulos poden ser nocivos para os seus oídos.
Cales son as recomendacións dunha profesional coma ti para levar unha saúde auditiva correcta?
Non limpar en ningunha circunstancia cun bastonete o oído, podemos provocar unha lesión con falta de audición permanente ou un taponamento de cera que soamente o poida eliminar un otorrino. Tampouco votar xamais un spray para limpar o oído, iso é auga fría directamente no tímpano e nos pode provocar unha vertixe, sobre todo nos bebés, totalmente prohibido.
Logo tamén evitar ruídos e non usar cascos, por favor. Temos pacientes de 30 anos que teñen que pór audífonos por culpa de usar cascos.
Cales son os síntomas que nos poden indicar a existencia dunha patoloxía auditiva?
Cando a perda é leve os primeiros en notalo é o entorno ou a familia. Un paciente dáse de conta por el mesmo cando supera o 40% de perda de audición.
A partir de que momento é necesario comezar a facer revisións para a nosa saúde auditiva?
O ideal é pasar todos os anos unha revisión aínda que esteas ben. E no momento que hai unha leve perda xa entras nun protocolo de atención que temos de revisión cada seis meses para facer un seguimento.
En canto saen estas revisións?
Non se cobran, só cobramos no momento de ter que poñer un audÍfono despois de probalo durante unhas semanas.
E o prezo do audífono, é asumible para todas as economías?
Hai un abano grande de prezos e temos facilidades financeiras sen custe para poder sufragalos.
Cal é a vida útil duns audífonos?
Teñen entre uns 6 ou 8 anos, a partir destes anos xa comezan a ter que repararse moitas veces e é aquí cando hai que pensar en cambialos.
Avanzou moito a tecnoloxía nestes aparellos nos últimos anos?
Si, moitísimo. Mellorou a calidade manténdose o prezo. Os de gama alta regúlanse automaticamente e cando hai moio ruído baixan o volume.
Cando un paciente leva posto un audífono, cada canto tempo ten que pasar facer unha revisión?
Depende de cada caso. Comezamos facéndoas cada mes e medio e logo se aprendes a mudar os filtros xa son cada seis meses. Aquí as revisións son sempre de balde.