O TSXG condena a Stellantis Vigo aopago de 6251€ a unha traballadorapor vulnerar o seu dereito á nondiscriminación

Cut central unitaria de traballadores citroën

O TSXG ven de ditar unha sentenza, na que condena a Stellantis Vigo por non conceder unha ampliación a 5 horas na súa redución de xornada por garda legal, a unha afiliada desta sección sindical. Segundo confirma esta sentenza, o plan de igualdade non contempla a posibilidade dunha redución de xornada que non sexa de 4 ou 6 horas e polo tanto derroga de facto o artigo 36.6 do ET, limitando e excluíndo o resto de supostos de redución de xornada.

Esta é a segunda sentenza en cuestión de meses, que condena o plan de igualdade en Stellantis Vigo por vulneración de dereitos fundamentais. Dende a CUT vemos absolutamente lóxico que se comecen a ditar sentenzas en contra do plan de igualdade da antiga Citroën, pois como xa denunciamos en varias ocasións, é un plan discriminatorio, arbitrario e só contempla as necesidades da empresa para darlle a mínima cobertura legal, que xa se está a demostrar insuficiente. Este plan de igualdade apoiado por unha maioría da representación social, demostra que nas negociacións, esa representación social non pensa nas necesidades das persoas, só o fai nas necesidades da empresa.

Neste caso concreto, a traballadora e a súa representación legal, levan dous anos litigando para poder facer uso do seu dereito. Polo tanto exiximos a empresa que se deixe de recursos estériles que o único que conseguen é entorpecer o uso dos dereitos a conciliación laboral e familiar das persoas traballadoras. Un recurso a esta sentenza seria abundar nun novo ataque a estes dereitos.

Ademais da indemnización de 6251€ por vulneración de dereitos fundamentais, tamén condena a empresa a aboar as cantidades deixadas de percibir, por non poder ampliar a súa xornada as 5 horas e dende o momento da solicitude, o que supón 267.56€ por cada mes, dende febreiro do 2021 ata a actualidade. A isto hai que engadirlle que tamén condena a empresa ao pago