Queremos que se empece unha negociación dos orzamentos que dea saída aos múltiples problemas de investimentos ou de tramitación de facturas deste concello, evitando os recoñecementos extraxudiciais de crédido e a convocatoria de plenos extraordinarios para pagar subministros que deberían estar recollidos nos orzamentos.
Esiximos do PSOE que estes sexan uns orzamentos negociados, queremos que tamén marquen un antes e un despois nas relacións entre grupos políticos no noso concello. Esiximos que sexan negociados con Rafa Fiestras para acadar unha maioría que respalde a visión de futuro do concello, e esiximos igualmente a negociación con PP, ao tempo que pedimos de Belén Cachafeiro que abandone o seu “NON” a todo para pensar no ben da veciñanza por encima do electoralismo.
É unha premisa básica para o BNG de Forcarei tentar reducir a confrontación e cambiala pola comunicación e a negociación.
Queremos uns orzamentos que permitan crear vivenda como eixe fundamental para a recuperación da poboación e con elo a vida dos núcleos urbáns de Soutelo e Forcarei. Queremos uns mellores accesos co formigonado impreso nos núcleos de Alfonsín (Sta Mariña de Presqueiras), Pardesoa, (Pardesoa) Andón (Aciveiro) Murada e Mamoa (Castrelo) Fixó e Vilariño (Millerada) e Barro (S. Miguel de Presqueiras)
Queremos igualmente que se garanta o saneamento de Sanguñedo (Magdalena) ou San Marcos (Pardesoa)
Por último mostramos toda a nosa disposición para negociar o orzamento das áreas acordadas no acordo de goberno do inicio de mandato e que a día de hoxe seguen sen materializarse nin darnos participación real no goberno.
