25 de Xullo Matria Galega

Loli Castiñeiras
Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda

Levarei sempre na miña cabeza e no meu corazón a frasedun profesor de galego, que diante da miña compañeira deaula naquel intre e hoxe amiga de toda unha vida , Eva,nos dixo: “Ser galega é das cousas máis bonitas que llepasar a unha persoa”

Pois iso é para min o que celebramos o 25 de xullo, aledicia de ser galegas e pertencer a esta Matria que nosenvolve e alouimiña a todos e a todas.

Celebramos a diferenza, unha diferenza que naceu parasumar, para sentir orgullo. Orgullo por unha cultura epatrimonio propio que temos a obriga de protexer.

Orgullo dun territorio que non pode ser destruido polaambición do chamado interese económico, por que quémaior interese hai que o de vivir nunha terra que xereriqueza para todas e non para uns cantos, que coide dosnosos recursos e protexa a biodiversidade propia destaterra.

E orgullo, orgullo inmenso de ter unha lingua que nos faiúnicas, que si, que teñen que entender o noso ronco son, oque nos identifica como galegos e galegas.

Celebremos todo o noso potencial, e que a diferenza nosfaga máis fortes. Temos acadado unha Galiza mellor, máisxusta, máis igualitaria e diversa, e continuaremos nesecamiño de loita, pero sen xenrreira, por que como dí unhacanción ; Quen odia morre e quen perdoa, avanza!

Feliz día da Matria Galega, hoxe e sempre dende Salcedade Caselas.