O PSdeG- PSOE de Salvaterra de Miño lamenta a perda de servizo de orientación laboral

Concello de Salvaterra do Miño

O grupo municipal preguntou no pasado pleno ordinario que ía acontecer con ese servizo que nas súas redes sociais puña que o servizo estaba interrompido ata novo aviso.

Salvaterra de Miño 10 de outubro de 2024

O grupo municipal socialista no pasado Pleno ordinario, preguntou que ía suceder co servizo de orientación laboral, xa que na súa conta de Facebook indicaba que non se prestaba o servizo ata novo aviso.

Os socialistas indagamos nas subvencións concedidas para este servizo que saca a Xunta de Galicia todos os anos e observamos como ao Concello de Salvaterra se lle concedeu dita subvención por un importe de 27.999€ para a contratación de persoal que atendera o servizo de Orientación Laboral.

Para sorpresa dos socialistas a resposta da alcaldía dada no Pleno, e por dúas veces “temos que ver” ou “temos que estudiar”.

O portavoz municipal, Félix González, sinala que temos unha taxa de paro de arredor dun 12%, polo que non podemos deixar de ofrecer un servizo de axuda aos cidadáns ou relegalos a estes a que utilicen o serivzo en Ponteareas, Mondariz ou Salceda de Caselas.

Os socialistas estamos incrédulos, por deixar perder unha subvención xa concedida no mes de xullo, polo que tiveron tempo de sacar as bases, convocar o tribunal e dar tempo aos posibles candidatos e candidatas inscribirse a participar neste proceso que ofrece un servizo a cidadanía.

Con esta decisión ponse de manifesto que o equipo de goberno está a outras cousas e non aos problemas reais da xente, finaliza o seu portavoz municipal.