Mini Rivas e o seu grupo “ Catro Nun Zoco” pechan a temporada de Concertos en Casa Gallardo de Puxeiros
19/11/2024Redacción A Nova PeneiraA LouriñaComentarios desactivados en Mini Rivas e o seu grupo “ Catro Nun Zoco” pechan a temporada de Concertos en Casa Gallardo de Puxeiros
O noso amigo Waldo Rodríguez , propietario do senlleiro local “ Casa Gallardo” de Puxeiros, ten o fermoso costume , desde hai varios anos, de artellar concertos as noites dos venres no seu local, en moitos casos de música popular galega. Xa é unha tradición na comarca da Louriña, e en moitas zonas de Vigo tamén, reservar a noite dos venres para achegarse a casa Gallardo a gozar coa música e pasar un bo momento. Este 2024 a temporada de concertos péchaa o 13 de decembro coa actuación do grande Mini Rivas e do seu grupo “ Catro nun Zoco”, e nós non podiamos deixar de conversar con Waldo.
Waldo Rodríguez,propietario de Casa Gallardo Puxeiros.
“Estou moi agradecido a Mini porque pola súa banda todo foron facilidades para estar con nós”
Este ano seica vas pechar a túa habitual temporada de concertos de maneira espectacular?
Si, a verdade é que si. Farémolo co grande Mini Rivas Cruz e o seu grupo “ Catro Nun Zoco”. Espero que á xente lle guste a actuación do venres 13 de Nadal ás 23:00 h da noite en Casa Gallardo.
Hai que comprar algún tipo de entrada?
Non, a entrada é libre ata completar aforo.
Como foi a tempada de concertos este ano?
Positiva como sempre, temos uns clientes que saben que os venres a partir das 11 da noite hai actuación e aquí aparecen. Casa Gallardo é un punto de encontro.
Fálame dos grupos que estiveron aquí este ano?
A Resaca de Masiel, Son do Río, Gaiteiros do Recunco, Alberto Cunha …..e moitos máis grupos. A verdade é que foi un ano de moita calidade, no que se refire á música que pasou por Casa Gallardo
E pechamos de maneira impresionante
Si, pechamos cun dos grandes de Galicia que é “Catro nun Zoco”. Este grupo está composto por Mini, Iria e Navia Rivas, que son fillas de Mini, e Mariña Quintillán.
O grande Mini Rivas Cruz, un dos grandes da música galega. Custouche moito que tocarán aquí?
Non, todo foron facilidades pola súa banda para poder organizar o concerto. Estou moi agradecido.
El xa estivera aquí antes non?
Si, co seu antigo grupo “A Quenlla”, fará uns sete anos.
Eu estiven nese concerto. Podo dicir que foi emocionante, a interpretación que fixeron do poema “irmaus” de Celso Emilio Ferreiro foi das mellores que vin na miña vida, puxéranme os pelos de punta. Seguro que as expectativas que tes para esta actuación tamén son moi elevadas, verdade?
Si, as expectativas son moi elevadas, e xa hai xente que me está dicindo que conte con ela para ese día.
Eu teño previsto estar ás 21:30 h xa, para non quedarme sen sitio. Ata que hora se vai prolongar o concerto?
Ata a hora que eles queiran deixar de tocar.
Vas facer algún tipo de publicidade especial para o evento?
Non, que va. Farei como sempre, o boca a boca que é o que mellor funciona. Tamén poño un cartel no local e outro no Centro Cultural As Pedriñas de Tameiga. Tamén envíollo por Wasp aos amigos e eles xa se encargan de pasalo.
Non sei si tes previsto algo para o 2025 pero co nivel que pechas a actual tempada de concertos, vai ser difícil superar as expectativas deste ano.
Claro que vai ser difícil, pois este vai ser un peche de ano dos grandes.
Tes algo pensado para os concertos do 2025?
Temos algunha cousiña aí, pero aínda é pronto, o que si queremos é facer algo especial.
Xa vou anticipar o por que. Casa gallardo naceu en 1905, para o ano que vén Casa Gallardo cumpre 120 anos…
Si, algo faremos para celebralo cara á primavera.
Sabes exactamente en que data naceu esta casa?
Non temos os datos exactos pero si que sei que foi entre setembro ou outubro.
Quen foi o fundador ou fundadora?
Foi o meu avó, chamábase Perfecto. Logo seguiron na segunda xeración Lola e Romana, que eran irmás e fillas de Perfecto, xunto co seu xenro Bastos. O meu pai Manuel tamén colaboraba.
Entón ti es a terceira xeración?
Si.
Haberá unha cuarta?
Teño aquí un sobriño que espero teña a ilusión de seguir con Casa Gallardo.
Vémonos o día 13 Waldo .Estou seguro de que vai a ser espectacular.
16/12/2019Redacción A Nova PeneiraA LouriñaComentarios desactivados en Os Socialistas de Mos piden explicacións do motivo de non presentar a programación cultural de mos na feira da cultura en pontevedra coma outros 40 concellos
Este mes tivo lugar en Pontevedra, coma ven sendo habitual nos últimos anos, a Culturgal que é a Feira da Cultura Galega […]
30/09/2019Redacción A Nova PeneiraA LouriñaComentarios desactivados en o PSOE de Mos presentou unha moción para a creación dunha partida nos presupostos para o festival “O son do pazo”.
A bancada socialista decidiu tomar a iniciativa de solicitar a creación desta partida despois de que a organización manifestase durante a preparación da 5ª edición […]
Esta pandemia está afectando sobre todo a uns sectores que vense obrigados a reducir a súa actividade ou incluso pechar, pero que aínda así incorren nuns gastos fixos que sen estar abertos resúltalles complexo facer fronte. É por isto que, neste caso un deses sectores como é o hosteleiro, está reclamando apoio por parte das administracións. […]