Este equipo de Nigrán ten un mérito estratosférico. Fundado hai relativamente pouco tempo manexa a arredor de 500 licencias e posúe 32 equipos, algúns deles disputando as máximas categorías a nivel estatal. Alex é un dos seus directivos , é tamén adestrador e é un dos que comezou, sendo apenas un rapaz que estudaba INEF a andaina deste equipo cuxo camiño e o do protagonista da nosa entrevista xa son o mesmo camiño, eu creo, esta é unha opinión subxectiva, para todo o que lle quede de vida a Alex( seguro que moitos anos).
Alex Villar directivo e adestrador.
“ A nosa principal virtude é que somos un equipo moi estable”
Imaxino que sendo fillo, como es, dun destacado xogador do Celta o teu vínculo co fútbol comezaría moi pronto?
Si, a verdade que si malia que eu ao meu pai como xogador case non o recordo.
A túa carreira como futbolista onde se desenvolveu?
Case toda no Areosa.
En que posto xogabas?
De medio dereito.
E que tal eras?
Nada fóra do normal.
De que equipo es afeccionado?
Do Celta e dos equipos da zona, pero tamén do Barça. Para min sería imposible non ser do Barcelona, pois teño un fillo xogando alí.
Veslle posibilidades de chegar?
Vamos ver. Do noso equipo saíron dous xogadores para o Barcelona, o meu fillo e outro rapaz. Ambos teñen potencial para chegar, si. Pero poder vivir do fútbol e chegar a elite é algo que depende de moitos factores, non só da calidade. Hai xente de moita calidade que por cuestións diversas non ten a sorte necesaria e non chega
E a relación co Val Miñor?
No ano 96, cando estaba adestrando ao xuvenil do Areosa, comezamos a montar o URECA
URECA exactamente que é?
Unha asociación de empregados da antiga Caixa Nova. O presidente, Juan Díaz, por darlle un pouco de vida á asociación montou un Campus e a partir de alí montouse o equipo. Xuntámonos catro estudantes de INEF sen moita idea de como montar un equipo de fútbol pero con toneladas de ilusión e moitas gañas de traballar e de facer ben as cousas.
Como foron evolucionando os acontecementos ata chegar ao Val Miñor?
Nós comezamos no ano 96 con 3 equipos, e a cousa foi progresando e montamos máis equipo. Decatámonos de que tiñamos rapaces de niveis dispares entón comezamos a duplicar equipos e montar A e B e chegou un momento que en URECA non tiñamos capacidade para meter tantos equipos e podelos adestrar a todos.
Ata ese momento adestrabamos nas instalacións de URECA pero os partidos tiñamos que xogalos en Vigo, no campo de Coia, porque o noso era un campo de fútbol 9.
Como resolvestes?
Fixeron un campo de herba sintética en URECA e tivemos que ir tamén ao campo do Condominguez,que era no que estaba o antigo Priegue que logo se transformou no Nigrán, co establecemos unha colaboración que posteriormente nos fusionariamos nós.
En que ano xorde o equipo co nome de Val Miñor?
Buffff, non sabería dicilo con exactitude, pero penso que arredor do 2010.
Inicialmente só tiñades equipos de base, pero agora tamén tedes sénior, verdade?
Si, desde antes da Pandemia.
Cal foi o motivo do cambio de nome?
Abrirnos e saír de que nos asociasen só con URECA. A vinculación con URECA segue a ser moi forte, o noso presidente foi inicialmente presidente de URECA pero xa nos sentimos un equipo de Nigrán.
Cantos equipos tendes?
32
Cantas licencias?
Arredor de 500
Todos os equipos son masculinos ou algún feminino?
Todos son masculinos, temos algunhas nenas mesturadas nalgúns equipos.
Cantas?
Poucas, arredor de 10.
Por que non montades un equipo feminino?
É algo que está no noso debe, desde logo que si. De feito o presidente métenos presión para que o fagamos. Se cadra os problemas maiores son os dos espazos, estamos saturados, e de que temos unha carga de traballo tan inmensa, a raíz da dimensión tan grande que colleu o club, que non é nada doado.
Os arredor de 500 futbolistas que tendes de onde son?
Entre 130 e 150 son do Concello de Nigrán, arredor de 100 máis son das outras dúas localidades da nosa comarca, de Gondomar e de Baiona. Tamén temos moitos rapaces de Vigo, logo algúns de localidades múltiples.
Cal é o voso uniforme?
Camiseta e medias brancas e pantalón vermello.
Como vos financiades?
Coa cota que pagan os rapaces, coas subvencións, coa cantina cos valados publicitarios e coa venda dalgunha rifa.
Con iso chega para cubrir os gastos de 32 equipos e 500 licencias?
Chega con sufrimento.
Que tal se porta o concello de Nigrán con vós?
Temos o campo municipal, e dannos unha subvención. Estamos moi agradecidos. Pero a achega económica a nós cúbrenos unha parte moi pequena do noso presuposto.
Tedes varios equipos na elite, que compiten na división de honra?
Si.
Por exemplo, o equipo xuvenil, ata one se teñen que desprazar os rapaces a xogar?
Ata Santander
Que tal vai o xuvenil?
Comezamos moi ben pero desinflámonos un pouco.
O equipo sénior en que división compite?
Estamos na parte alta de 1º autonómica
Hai opcións reais de pelexar por xogar a fase de ascenso a preferente?
Si, si que as hai.
O Erizana e o Gondomar comparten categoría con vós. Cal é o voso principal rival deportivo?
Nos sénior con estes dous equipos que mencionas. E nos xuvenís o noso derbi é co Celta.
Vós sodes un equipo con relativamente pouco tempo de Vida…e tedes 32 equipos, 500 licencias, un equipo sénior con opcións reais de subir a preferente varios conxuntos de base xogando en divisións de honra. Outros conxuntos con moita máis historia cá vosa non deron acadado cifras desa dimensión nunca. Cal é o segredo?
Eu creo que nosa principal virtude é que somos un equipo moi estable. A verdade non foi algo que buscaramos, comezamos con moitas gañas e ilusión e imaxino que fariamos ben as cousas. Agora ben, nada disto podería ser posible sen a lucidez e a sensatez do noso presidente.
Pola vosas ringleiras pasaron algúns xogadores que chegaron a elite do fútbol, verdade?
Si. Os primeiros foron Tiago e Rafinha,os fillos de Mazinho, e Rodrigo Machado. Foi unha lotaría que nos tocou. Estiveron un ao e pico e logo xa os ficharon
Ti lémbraste deles xogando que nós?
Claro que me lembro, é algo inesquecible. Cada partido era alucinante e Tiago, por exemplo,ten feito cousas de absoluto escándalo. Aínda hoxe, nalgún campo nos lembran algún dos seus momentos máxicos. Do nos equipo tamén saíu Santi Comesaña, que está agora no Villarreal. Xa de neno apuntaba un nive fóra do normal.
Que tal é a afección do Val Miñor?
Normalmente xorde a partir das familias pero cada día é máis numerosa. Pero en Nigrán non hai unha afección estratosférica pois non hai unha tradición moi grande de fútbol.
