O amor a patria e a aldea

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira

Neste final de Ano e comezo do Aninovo, na memoria incómoda, de Manuel Gutiérrez Estévez, catedrático de Antropoloxía da Universidade Complutense de Madrid, pode entenderse moitas esencias e actitudes morais que esconden hoxe, a expresión do malestar na memoria que incomoda – porque o pobo non se preocupa nada mais que manterse nas glorias Imperiais daqueles anos. Xa me entendedes!

Un exemplo: “O señor quere moito a España. Por iso a puxo no mellor sitio do mundo, onde non fai nin moito frío nin calor… E a colocou entre mares polos que pasan mais barcos: O Mar Mediterráneo e o Atlántico. E lle deu un ceo azul, e uns montes moi altos, e uns campos moi grandes e ricos”.
 “ ¡España é unha bendición de deus!”

Os primeiros homes que houbo en España eran leais e valentes. Viñeron logo outros que eran moi listos: Os Fenicios, e outros que eran moi sabios: Os Gregos. E outros que eran moi fortes: Os Romanos. E España, era cada día mais forte e mais sabia e lista”. (Segundo Sopeña 4, p. 164).

E, así foi o conto da emoción compartida. Nin mais nin menos! E, pese as diferencias, himnos, e poemas elaborados con “amor”, serviron para _desenmascarar_ a antigüidade emocional: Patria, parroquia e aldea, convertidas en unha insaciable narrativa dunha memoria incómoda, e dunha expresión de malestar da memoria.

Pasaron anos e Freud, afirmaba o malestar da memoria. Sentimentos de culpa enraizados no dualismo pulsional. E, como dixera Freud, asi era a conciencia, porque o pobo non se preocupaba mais que de manterse. E afirmarse ante a abnegación patriótica. E, lémbrome – Como non! – do himno nacional, cantado na Escola Nacional de San André de Lourido (Salvaterra do Miño), cuxa letra dicía:

Viva España! Miña Patria esclarecida

Nai sen igual

compendio de honor

Viva España! Solaz de nobre vida

rexio pedestal

de Cristo redentor.

Fuches das glorias florido pensil:

Vinte nacións coroan túa sen:

Arriba España! Raza invicta e teu sostén.

E así, coas 20 nacións sensibilizaron as relacións históricas de España con América, ademais de outros trazos sagrados qucantaron con nós:

Liberdade! Que os ecos asisten

mentres cheos de nobre ansiedade

nosos campos de gloria respiren.

Liberdade! Liberdade! Liberdade! (Da República Dominicana).

Abaixo cadeas, abaixo cadeas

gritaba o Señor, gritaba o Señor. E o pobre no eido liberdade pedía o irmá venezolano. E deberíamos contemplar a belicosidade e valor da República Arxentina, Perú, Paraguai e Guatemala, que o definen coa propia vida, o himno emotivo da patria, a terra, a paisaxe, a fecundidade da natureza, como o himno de Panamá.

Todas estas patrias, tan fermosas e doces, xuran defenderse contra os inimigos, deixando o mundo atónico, como o Ecuador e Perú, para converterse na Madre Patria, chea de orgullo como El Salvador.

Para todas elas, a patria, “madre amada”, heroica, de sentimentos gañados en tempos pasados:

So quedan na memoria!

lembranzas para a historia

da súa perdida grandeza,

da súa proverbial riqueza

do seu poder e gloria (1.959 – p.107)

Hoxe, aqueles retóricos sentimentos incómodos enxertados nos nosos cerebros, me pregunto: Onde están hoxe?

Durante os anos da miña nenez, todos a partir dos 9 anos cursabamos a materia Fomento do Espírito Nacional, na que se expuña e glosaban os principios políticos daquel partido único, que representaba o perfil eterno de España, e a súa relación co catolicismo. Antes, aos 7 e 8 anos obrigatoriamente líamos o libro de España “Glorias Imperiais”, e como exemplo: O Señor quere moito a España, lonxe da pipa, da paxariña e da patria folclórica daqueles meus anos, que culminou coa aventura educativa mais iluminada e quixotesca de tódolos tempos.

E non me queda mais que engadir que dar as grazas A Nova Peneira ¡A Nosa!, e a miña mais profunda gratitude o profesor Manuel Gutiérrez Estévez, polos seus estudos da cultura, soidade, silencios e memoria da nosa vida aldeá, e a mais cálida felicitación do Nadal e Aninovo a toda a xente de boa Vontade.

Manuel Alfonso Estévez,

Fillo de Fornelos da Ribeira.