O Consello Comarcal BNG do Condado – A Paradanta comeza a súa nova andaina

BNG Condado

O órgano vén de comezar o seu traballo oficial logo de celebrar a súa primeira reunión o luns 13 de xaneiro, onde se conformaron as distintas áreas e responsabilidades orgánicas.

Acompañando a Javier Viéitez (Responsábel Comarcal) estarán tamén Rocío Barreiro, Xosé Manuel Rodríguez, Xurxo Pérez, Trinidad Labaca e Hadrián Bautista nas diferentes áreas de responsabilidade. Estas persoas, xunto co resto da candidatura, Galiza Nova e as diferentes Responsabilidades Locais dos 11 Concellos que conforman a Comarca, serán as que marquen as liñas de traballo da organización nacionalista nos vindeiros anos. “Temos un gran equipo para afrontar o futuro máis inmediato do BNG, unha forza que de seguro será a referente para a nosa sociedade nos vindeiros anos”, afirma o Responsábel Comarcal.