O Xuíz Martín Pallín enche o multiusos de Redondela

Xuez Martín Pallín

O pasado día 11 o Xurista Jose Antonio Martín Pallín pronunciou unha conferencia no multiusos de Redondela. O acto foi organizado polo Colectivo Republicano de Redondela, e o conferenciante foi presentado por outro xuíz xubilado, o redondelán Juan Manuel Alfaya Ocampo.

A asistencia de público desbordou as previsións máis optimistas pois o local estaba practicamente ateigado de público, incluso asistiu a propia alcaldesa de Redondela Digna Rivas, interesado en coñecer a visión sobre a arquitectura política do estado español deste prestixioso xurista, nado na Coruña no ano 1936.

Na presentación Juan Manuel Alfaya fixo un repaso pola meritoria e numerosa produción intelectual de Martín Pallín, agradecéndolle a súa xenerosidade por ter acudido ao convite do Colectivo Republicano completamente de balde.

E a conferencia, moi amena e atractiva, consistiu na explicación dos contextos históricos que deron lugar ao nacemento das dúas breves etapas republicanas que se viviron no estado español, así como na exposición das teses que a xuízo do conferenciante explican as razóns que fixeron que ambos períodos republicanos morreran. Neste sentido considero moi interesante a visión de Martín Pallín de que foi a Reforma Agraria que tratou de realizar a II República a espoleta que fixo prender a mecha do golpe de estado fascista.

Por último o conferenciante contrapuxo os valores que identificaban á Republica cos da actual monarquía española.