Mirar o mundo con ollos esnaquizados
Temos por aire, pólvora selecta,
E por bandeira, cidadáns deshumanizados.
F. Álvarez Koki

Namentres todo un pobo e soterrado vivo baixo unha morea de bombas en Palestina, en Urania en Sudán, en África e outros lugares. Na Quinta Avenida e fronte a Catedral de San Patricio, miles de persoas, celebran o desfile de Pascua, e nel o famoso desfile de sombreiros. Unha chusma inmensa de vaidades voadoras óllanse uns en outros e sorrín con auto complacencia. A quen lle importa o resto do mundo, se eu estou ben. A morte nestes días de José Mujica, tróuxonos a palestra un home bo fronte o mundo, pero desgraciadamente o seu exemplo vai ser valorado por poucos. Pepe Mujica, pelexador incansable pola vida e polos demais, nunca tirou a toalla. Preso por décadas igual que Mandela, mostrounos pra que sirve un ser humano comprometido. Estará no alén cos mais grandes. Grazas Pepe Mujica. Aquí quedamos todos sen remedio e coas nosas eivas de
sempre. Os conflitos no mundo, aumentaron un (97%). Estamos no pico mais alto dende a II guerra mundial. 600.000 seres humanos, perderon a vida entre 2021 e 2023. Aumentaron os movementos de desprazados e os discursos racistas. A O.N.U. hoxe en día, non ten poder ningún, só predicar no deserto. Donald Trump é un louco, pero con moito poder e con moito perigo. Europa esta perdida no deserto da razón, é a MASACRE cara ao pobo Palestino, converteuse no XENOCIDIO meirande deste século. Como e posible que ollemos pra outro lado. ¿Que somos?. Os reis da España homenaxean os republicanos asasinados en Mauthausen, pero non os republicanos na España. ¿ Terán medo de enfadar a Franco?. Deberiamos saír a rúa cada día para escorrentar a monarquía e os seus lobiños. O fascismo é un grano que non nos deixa durmir, cada día é mais perigoso. Este é o momento de dicir NON O FASCISMO.
OS EIDOS
FRANCISCO ÁLVAREZ KOKI
