O BNG calcula un aforro de 150.000€ a negociación do concello con ADIF na ponte de Casal do Monte
Xoán Carlos González “En abril o ente ferroviario respostou positivamente a unha iniciativa do BNG no Congreso a abrir un proceso de negociación”
Dende o Bloque Nacionalista Galego anuncian a posibilidade de que o concello chegue a un acordo co administrador de infraestructuras ferroviarias, ADIF para afrontar a renovación da ponte de Casal do Monte en Saxamonde. Así se recolle na resposta do ministerio a unha iniciativa parlamentaria do deputado nacionalista Néstor Rego. Deste xeito o concello aforraría 150.000€ que están consignados para esta obra.
O voceiro nacionalista Xoán Carlos González, insta á alcaldesa Digna Rivas a que se poña mans á obra para chegar a un acordo beneficioso para Redondela. “Estamos ante un claro caso de deixadez institucional dende o concello”, afirma. Considera que para poder acadar un resultado beneficioso para o concello, a alcaldesa debe por todo o seu empeño.
“Tivemos a iniciativa de que ADIF asumirá os custes de renovación da ponte de Casal do Monte, cun orzamento de 150.000€”, anuncia o edil nacionalista. A resposta do gobernó do estado prantexaba que debería ser o concello quen realizara a solicitude. Esta proposta do BNG data xa de abril do ano 2025, polo que tempo houbo suficiente para negociar co administrador ferroviario.
Bótalle en cara igualmente Xoán Carlos González, a Javier Bas o vergoñento episodio no que en nome da deputación afirmaba que iban arranxar a ponte. “Debería ter tirado dos seus contactos no Congreso para saber a opinión de ADIF, mais só lle interesou o lucimento persoal”, sinala.
Xoán Carlos González considera que ADIF asuma a renovación da ponte de Casal do Monte, trataríase dunha oportunidade que non se pode deixar escapar. Deste xeito poderíase aforrar unha importante partida económica e reinvertila noutras necesidades das parroquias de Redondela. “Frente á propaganda do bipartidismo, nós, o BNG propomos solucións beneficiosasa para os veciños e veciñas”, insiste.
A polémica obra da ponte de Casal do Monte remóntase ao ano 2018, cando se iniciaron os traballos. Por diversas problemáticas, desinterese das administracións e porque non lles era rendíbel eleitoralmente non se rematou. Agora ábrese a posibilidade de que se compense á veciñanza, remata Xoán Carlos González.
