A organización natural do pobo galego, e unha das manifestacións da nosa identidade colectiva, é a parroquia, non o Concello. Os nativos das parroquias galegas síntese parte desa parroquia, non do Concello do que forma parte. Unha persoa de Guillarei, nunca dirá que é de Tui, é de Guillarei, unha persoa de Meira, non é de Moaña, é de Meira, alguén de Torroso, non é de Mos, é de Torroso……e por descontado que a alguén de Goián de ningún modo se lle pode dicir que é de Tomiño. É de Goián. Esta parroquia ten unha personalidade moi forte e unha identidade moi marcada. É un lugar tradicionalmente progresista que chegou a ter todo tipo de servizos, incluso cine, e unha discoteca cun nome precioso. Era a discoteca ceibe. Dúas cuestións propias de Goián, que teñen unha enorme importancia na vida da parroquia, son o seu marabilloso entroido, que este ano fai un século de vida, e a súa comunidade de augas, que chega aos 50 anos de existencia.

Nós conversamos con Flori, unha veciña de Goián grande amiga das nosas páxinas, que forma parte da directiva de ambos colectivos, para que nos explicara o seu funcionamento.

Flori Torreiro, veciña de Goián .

En Goián somos un pobo moi unido, cunha identidade moi marcada e que sinte paixón polo noso”

Ben, pois eu son de Goián. Nacín e vivo na miña parroquia natal e desenvolvo tamén aquí a miña actividade profesional, xa que teño un salón de peiteado

Si, si que o son. A parroquia é unha parte da identidade colectiva de cada veciño e de cada veciña, construída a través de moitas xeracións que estiveron antes ca nós. Eu entendo que é moi importante que todos colaboremos para conservar as nosas tradicións máis relevantes, e que poidan chegar aos que veñan despois. O noso “Entroido” este ano cumpre un século de vida. Unha data de enorme importancia para nós, dunha festa que é esencial na conformación da nosa identidade. Ademais este ano entrei na directiva da organización. Facemos os eventos durante todo o ano para podermos realizar a festa do entroido.

Si. Aínda que na época de Franco, daquela chamábaselle a Festa da Primavera porque o entroido estaba prohibido co réxime. Era unha festa de primavera e de disfraces. Daquela a xente disfrazábase con roupas vellas, cubría a cara con palleiro. O entroido de antes era moi enxebre. Así foron os inicios.

Si, intentárono pero nunca o conseguiron.

Agora mesmo no centro da parroquia, na praza.

O entroido de Goián é o máis importante da zona do Baixo Miño. Nestes momentos fanse cinco días, de venres a domingo. Antigamente xa se festexaba tres días, domingo, luns e martes. Mantense a tradición de ir pedir polas casas. A xente ábreche as portas e dáche de merendar, viño, chocolate, tortilla. Hai variedade. Antigamente facíase matanza na casa e ofertábase comida do porco, de aquí saíu que o martes de entroido fagamos o cocido.

A comisión e todas as persoas que queiran.

Si. Na data que cadre o entroido.

Estrouse un documental que preparou o Concello para conmemorar os cen anos de entroido. Puxeron unha pantalla xigante na praza para proxectar o documental a toda a veciñanza. A praza estivo ateigada de veciños e veciñas porque o entroido en Goián é unha festa que se vive, que se sinte e se transmite de xeración en xeración. Familias enteiras desfrutan desta festa. Desde o máis pequecho ata a persoa más adulta se disfraza.

Vén xente de fóra tamén. Hai persoas que veñen desfrutar deses días, xente das vilas da contorna veñen troulear a Goián os cinco días de festa.

Ha, ha, ha ha. Si, un pouco festeiros si que somos, creo eu .Pero sobre todo somos un pobo moi unido, cunha identidade moi marcada e moi apaixonados do noso. Falo do entroido, do equipo de fútbol ou de calquera elemento que nos vincule.

Antes tiñamos todo tipo de servizos : cuartel, discoteca, cine, sala de xogos… Case se podía facer vida aquí. Lembro perfectamente o cine de cando era pequena. Isto contribuía a unir lazos entre a veciñanza e a facer comunidade.

Está aberto de novo e funciona ben.

O entroido en Goián non morrerá nunca.

Levo tres anos metida. Comecei como vogal e agora son tesoureira. Somos unha directiva de nove membros e a nosa comunidade é do ano 1976.

Esta comunidade de Augas é a máis grande de Pontevedra. A comunidade de augas encárgase de xestionar a auga das casas que forman parte dela. Os propietarios somos tamén os responsables da comunidade. É unha xestión nosa e subministramos a todas as casas de Goián, son en total arredor de 1.400 billas.

Temos os pozos da comunidade no monte. Na actualidade temos 16 mananciais e seis pozos os que forman parte do sistema e cos que se abastece a xente.

Pagamos unha cota ao ano que se pode fraccionar en dúas veces. Para a xestión administrativa contratamos unha xestoría.

Non, é moi barato. É unha cantidade moi pequena para todo o que implica ter a infraestrutura funcionando. O que tratamos e de conservala para que non se metan as grandes compañías que fan da xestión da auga un negocio e non un servizo.

Si, queren entrar como xa están no centro de Tomiño pero nós aguantamos. A nosa calidade da auga é moito mellor cá deles. O que temos que facer e dixitalizar os contadores porque nolo esixe a lei. Iso si que vai saír caro .

De momento imos tendo pero de xullo a setembro temos que ter restrición de consumo para poder aguantar ata que volva a chuvia.

Se son nas vivendas, por dentro do contador, son os propietarios os que se teñen que facerse cargo e se son fóra do contador somos a Comunidade de Augas as que as temos que solucionar o problema.

Temos contratada unha empresa privada que nos arranxa as avarías.

Si. Se non hai xente detrás, non funciona. Hai que estar pendente, temos un número de teléfono no que se algunha persoa detecta unha fuga chama para dar aviso. É unha responsabilidade que temos entre todos porque o servizo e para toda a veciñanza.

Tamén temos carteis informativos para concienciar as persoas do importante que é manter este servizo, que o cambio climático está a facer veráns máis secos e hai que conservar a auga, non encher piscinas ou regar o xardín. A auga é para uso exclusivo doméstico e no verán non se pode abusar.

Si, este verán imos facer algo. Foron 22 veciños os que fixeron o depósito de augas. Destes quedan dúas persoas vivas e imos homenaxealas e facer unha escultura como recoñecemento.

Para o ano faremos algo tamén que foi cando se deu de alta a comunidade. Poremos o monumento na praza de Goián cunha placa dos veciños que fixeron arrincar esta comunidade de augas, que xa leva 50 anos abastecendo a toda unha parroquia.