A designación do veciño de Pousiño Xurxo Pardo como candidato nacionalista á alcaldía de Pazos de Borbén non é aínda oficial, pero resulta máis que evidente que vai ser así. Despois de moito tempo sen representación neste concello, o nacionalismo entrou nas municipais do 23 na persoa de Xurxo, e o resultado espectacular que obtivo nas autonómicas do 24 apunta a que o seu traballo é recoñecido moi positivamente polo conxunto da sociedade de Pazos, o que fai presumir que o BNG obterá unha importante suba en votos e en actas nas municipais do 27.Suficiente para aspirar á alcaldía?… Veremos o que acontece. Está todo moi aberto, e pode pasar calquera cousa.

“ O BNG de Pazos non se pon límites. O noso obxectivo é gobernar Pazos de Borbén”

Depende da vontade colectiva da militancia da nosa localidade. A decisión aínda non está tomada. Pero se os compañeiros e compañeiras me distinguen coa súa confianza , a miña disposición é absoluta. Pazos precisa un cambio, pero non só un cambio de cara, senón un cambio na maneira de gobernar.

A nivel persoal, para min está sendo unha experiencia moi positiva. Ao final é unha bagaxe, un coñecemento que imos adquirindo e que vai quedando na mochila. A nivel político estar só é bastante duro. Temos un único concelleiro, aínda que detrás hai toda unha agrupación de militantes que dá todo, e á que estou moi agradecido.

Ademais, a relación co goberno municipal non é como debería ser, o que fai máis complicado facer política local en Pazos.

Si, paga a pena. Rotundamente si que paga a pena. Á política un pode chegar por moitas razóns. No BNG estamos aquí por un motivo moi concreto: Contribuír a mellorar o día a día da xente. E cando ves que do teu esforzo xorden melloras para os demais, ou que alguén recoñece e valora o teu traballo, os malos momentos, que tamén ten a práctica política, son compensados con creces.

Non existen nin a fluidez nin a confianza nin a cordialidade necesarias.

Ao meu xuízo claramente do goberno. Nós estamos para propoñer, para fiscalizar e para demostrar que hai outra maneira de facer as cousas. O problema é que cando fiscalizas, cando sacas as cores ou demostras que hai outras formas de facer as cousas, iso ás veces molesta. É máis doado dicir que o BNG bloquea os orzamentos, os investimentos ou os proxectos, que recoñecer que existe unha incapacidade do goberno local para sacar adiante as cousas.

Si. Despois de tres anos non vemos absolutamente nada. Nos plenos preguntamos moitas veces cal é o proxecto de Concello que teñen, que actuación lle poden vender á sociedade, cal é o motivo polo que se debería continuar con este goberno. E moitas veces non hai resposta. É triste dicilo, pero non hai un proxecto de futuro. Alén dun empedrado en Moscoso, que xa viña do PP, este goberno non ten nada que ofrecer.

Aquí hai responsabilidade por ambas as partes. Por un lado está a Deputación do Partido Popular, que ao noso xuízo ten claramente a vontade de atrasar este proxecto para que non se perciba como un triunfo político do actual goberno.

Por outra banda tamén hai responsabilidade do goberno local. As relacións do goberno coa Deputación non son as correctas. Igual hai que chegar a máis entendementos en lugar de buscar constantemente a confrontación. Un alcalde ten que gobernar para o seu concello e ten que ser capaz de chegar a acordos con todo o mundo: co BNG, co PSOE, co Partido Popular ou con quen corresponda. O importante é conseguir beneficios para Pazos.

Plantaríanos na Deputación e non sairiamos de alí ata chegar a un acordo. E despois habería que estar todos os días encima do tema, traballando e metendo presión para que se execute dunha vez, e pase do papel á realidade, que é o que lle interesa á veciñanza: Realidades concretas, non fume .

Porque isto non é un favor ao alcalde que estea nese momento. É un dereito da cidadanía. Todos pagamos impostos, todos pasamos por esa estrada e todos temos dereito a unhas vías en condicións. Polo tanto, temos que defender os dereitos dos nosos veciños e veciñas.

E nós non nos conformariamos cunha pequena parte. Desde o minuto cero iriamos reclamar a mellora integral da estrada, os seus oito quilómetros.

Agora mesmo está sen contrato, porque o anterior rematou en decembro de 2025. O Concello está pagando mes a mes á empresa polas horas que se realizan.

É normal que esas horas se paguen ao prezo de mercado actual, porque entendemos que os salarios dos traballadores e traballadoras teñen que pagarse dignamente. O problema é que non houbo previsión. O contrato ía rematar e había que ter previsto que facer despois: ou ben remunicipalizar o servizo, ou ben sacar un novo prego de condicións para que as empresas puidesen concorrer.

Nós pensamos que o Servizo de Axuda no Fogar é un servizo que hai que intentar remunicipalizar. Estivemos en contacto con concellos da contorna, e con concellos similares a Pazos para coñecer como o están xestionando, e pensamos que é unha opción factible.

Facemos esta entrevista en Amoedo, onde se atopa o polígono industrial. Que valoración fas sobre o estado do polígono?

Dá moita pena ver como no Concello non houbo a altura de miras necesaria para sacar adiante unha normativa urbanística que permita que o polígono vaia adiante.

Todo o mundo sabe que o polígono de Amoedo está nunha situación irregular. Isto foi levado ao pleno varias veces e non houbo acordo político para regularizar a situación. Cada partido terá que asumir a súa responsabilidade.

Para nós é unha prioridade. Xa o formulamos no anterior mandato e foi unha das condicións que puxemos enriba da mesa para darlle o si á investidura do actual alcalde. Nestes tres anos non só non se solucionou o problema, senón que a situación empeorou porque non se soubo chegar a acordos coas comunidades de montes propietarias dos terreos, nin co resto da corporación municipal.

Será máis complicado agora, pero hai que buscar unha solución. Temos moi claro que é un dos asuntos que habería que abordar desde o primeiro momento.

Tamén propoñedes recuperar as antigas casas dos mestres. Con que finalidade ?

Pazos necesita un proxecto de futuro e, para iso, necesitamos servizos. Non podemos limitarnos a ir apagando lumes, como fixeron os gobernos actual e anterior.

O Concello ten varias casas das antigas escolas, as chamadas casas dos mestres, que están en desuso e presentan un mal estado. Nós pensamos que hai que aproveitar o que xa temos, buscar unha liña de subvención para facer unha reforma integral.

Despois habería diferentes posibilidades: ludotecas, centro de día, vivenda social ou outros servizos que se poidan determinar segundo as necesidades. O importante é aproveitar esas estruturas para dotar o Concello de servizos. Porque sen servizos non temos futuro.

Sobre a polémica arredor do topónimo de Moscoso/Moscoxo. Cal é a túa posición?

Nós tivemos varias reunións coa asociación de veciños, que nos trasladou as súas preocupacións porque non estaba a favor dun cambio do topónimo. Nós entendemos esa posición.

Para nós é importante escoitar aos veciños. Tivemos tamén unha reunión con persoas especialistas en toponimia e lingua, nas que se explicaron os argumentos filolóxicos. Eu creo que hai que respectar as persoas que saben da materia, pero tamén hai que ter en conta a opinión dos veciños e buscar unha solución na que todo o mundo se sinta cómodo e poida opinar con información rigorosa e veraz.

Cales son os obxectivos realistas do BNG para as vindeiras eleccións municipais?

Nós non nos poñemos ningún límite. Imos medrando tanto a nivel de estrutura como de confianza na veciñanza. Temos un proxecto sólido, solvente e, sobre todo, moitas ganas e forza para cambiar o rumbo deste Concello.

O obxectivo é que o nacionalismo galego goberne Pazos de Borbén. E penso que é un obxectivo realista.

Como sería, entón, Pazos de Borbén cun alcalde do BNG?

Non se trataría simplemente de cambiar unha cara, senón de cambiar unha forma de gobernar.

Para min, a diferenza entre un bo e un mal goberno está, entre outras cousas, en ter unha liña, un plan, un modelo e un proxecto de futuro. Un mal goberno dedícase a solucionar o que vai xurdindo día a día para poder manterse no poder, pero non ten un modelo de Concello.

O alcalde de Pazos, Luciano Otero, ten un modelo de Concello de futuro, ou dedícase a solucionar o que xorda no día a día ?

Non ten un modelo de concello, dedícase a apagar lumes.

Como sería Xurxo Pardo de alcalde?

Un alcalde moi traballador, que trataría a todos por igual, con escrupuloso respecto ás demais forzas políticas coas que procuraría consensos, e sobre todo un alcalde coa vontade de poñer en marcha un modelo de Concello con servizos. Un Concello onde a xente poida vivir aquí e non teña que marchar por falta de servizos e oportunidades.