Aínda que non está proclamado oficialmente é máis que evidente que Paco Ferreira, actual alcalde de Gondomar, volverá ser o candidato socialista nas municipais de maio do ano próximo. Como todos os anos, desde que acadou a alcaldía sen que case ninguén o esperase, achegámonos ata Gondomar para conversar con el. Paco, defende con paixón a súa xestión, manifesta o seu interese en solucionar os problemas co corpo da policía local en base ao diálogo e á xeración dun clima de consenso, e afirma que Gondomar está no camiño de ser esa vila para as persoas que lle gustaría deixar cando o seu ciclo político remate. Así foi a nosa conversa

No caso de que reciba a confianza dos meus compañeiros e compañeiras socialistas de Gondomar, e se a dirección do partido así o considera, a miña disposición é plenamente positiva.

Imos ver. É certo que ás veces parece que vivo só para isto, e indiscutiblemente o cargo de alcalde leva implícita a dispoñibilidade plena, co que en ocasións teño perdido momentos especiais coa miña familia e as persoas que quero. Si, é verdade. Pero a miña vocación de servizo público é absoluta, e a miña ilusión por ser útil ao meu pobo permanece intacta, igual que o primeiro día que entrei pola porta do concello. Hai proxectos estruturais moi relevantes para Gondomar que aínda están sen rematar, e quero estar aí ata deixar un Gondomar que deixe pegada no corazón das maiorías sociais. Estou forte, con ánimos e quero seguir servindo ao meu pobo.

Nós temos rematado o borrador do plan xeral. Nos próximos días ensinarémosllo a toda a corporación. O borrador está consensuado coa Xunta, polo tanto non debera ter ningún problema en ser aprobado. Agardo conseguir o maior nivel de consenso posible.

Penso que a primeiros de ano podía estar aprobado inicialmente. Logo entraremos na fase de exposición pública, mínima de tres meses. Recibiremos as alegacións que serán estimadas ou desestimadas segundo corresponda. Haberá a aprobación provisional polo pleno do Concello, se procede. Mandariámolo entón á Xunta para que o aprobe definitivamente. Insisto en que non debera haber ningún problema porque o temos consensuado con eles. É dicir, se non hai nada estraño, na primeira metade do mandato posterior debería de estar aprobado definitivamente.

Estamos na primeira fase, unha fase consolidada. Estamos urbanizando todo o espazo, co saneamento, electricidade, pluviais…Os traballos van a bo ritmo, pero é certo que imos topando moitos inconvenientes, porque ao irmos levantando pavimento en ocasións aparecen atrancos cos que non contabamos

Vaina desenvolver a Zona Franca. Asinamos un convenio con eles de case 34 millóns de €.

Eu penso que si, estamos falando dunha cantidade de investimento moi alta para o polígono da Pasaxe. Calculamos que cando todo estea en marcha, poida dar traballo a arredor de 3.500 persoas. Será un importante motor económico para todo o Val Miñor, e un axente que revitalice notablemente a economía do noso concello.

Eu agardo que no prazo dun ano a fase 1 estea rematada completamente. No que respecta á fase dúas estamos aínda no estudo económico inicial. É difícil falar dun horizonte temporal concreto pero no seguinte mandato, se o pobo de Gondomar nos volve distinguir coa súa confianza, procuraremos apurar o máximo posible.

Ben, eu falo co presidente Rueda ao respecto disto e a sensación que me transmite é moi positiva. Hai unha serie de investimentos para todos os polígonos de Galicia, este é un polígono moi importante e a Xunta ten que botar unha man.

Foi 0.

De momento foi 0.

Si, polo que me ten transmitido o presidente Rueda, si que espero que a Xunta nos axude.

Esa noticia que saíu en prensa é radicalmente falsa. Eu son policía, as forzas de seguridade son un corpo polo que teño especial aprecio e respecto. Non, non e non. Unha e mil veces non.

Eu en primeiro lugar a todos os axentes que están de baixa exprésolles o meu respecto e os meus mellores desexos dunha pronta e total recuperación. E logo apelo a que cando consideren pasen pola alcaldía, a miña porta está sempre aberta para eles, a falar punto por punto sen ningún tipo de apriorismo pola miña banda de todos os temas que lles preocupan. Estou seguro de que non haberá problemas para chegarmos a consensos.

Eu creo que toda a transformación do casco urbano é unha evidencia que non discute ninguén. Repuxemos toda a rede de saneamento, humanizamos tres grades prazas, xerando un espazo público amplo para a cidadanía. A actividade cultural é tamén moi importante. Cando chegamos á alcaldía tiña un modelo de vila claro: quero un Gondomar para as persoas, para que poidan vivir aquí, gozar do seu lecer aquí e ter todos os servizos aquí. E humildemente penso que imos nesa liña.

Pois con enorme orgullo podo dicir que vai moi ben. Xa conseguimos, despois de moito traballo, a subvención do estado de case 2 millóns de €, e en breve comezaremos a actuar para facer dese espazo a xoia da coroa de Gondomar. A actuación será sufragada nun 60% polo estado, nun 20% pola DEPO e cunha achega de fondos propios do Concello do 20% restante.

A obra está e fase de licitación, en marzo ten que estar executada nunha porcentaxe do 30% .Alí faremos unha biblioteca, con espazos a maiores que servirán de pequenos museos, e de lugares de servizos tanto para a xente nova como para a xente maior.

Temos pensado comunicar a casa Peralba coa praza do Concello e co antigo bar De Lis,que tamén mercamos, xerando novos espazos públicos para a veciñanza.

Actuamos en todas e cada unha, todas sen excepción. Facemos saneamento en todas as parroquias. Destinamos un 30% dos orzamentos a ese tipo de actuacións tan necesarias. Temos recuperado infinidade de estradas, e asfaltado unha enorme cantidade de camiños. Asemade é que falan os feitos, Tino. O que estou dicindo non é ningún brinde ao sol, só é preciso darse unha volta por Donas e ver as obras que estamos executando no momento presente, máis dun millón de €, e tamén convido a que visitedes Borreiros e veredes igualmente as obras que estamos a executar, neste caso de case 1,5 millóns.

O que noto é o apoio moi maioritario da veciñanza. É que o día que deixe de notalo vou dar un paso atrás. Eu estou en política para servir ao meu pobo, non teño ningún outro interese nin aspiración.

O único seguro, ao respecto dunha candidatura que aínda non está feita, é que os 7 concelleiros e concelleiras que me acompañaron este mandato, sempre que eles o desexen, van seguir. Estou moi satisfeito co seu traballo. Ao respecto do resto da candidatura quixera ter en conta 3 criterios: -A paridade de xénero- A representatividade de todas as parroquias de Gondomar-A busca de perfiles competentes, traballadores e comprometidos con Gondomar.

Claramente a maioría absoluta. Necesitamos unha maioría absoluta que nos permita gobernar con tranquilidade e evitar bloqueos políticos.

Agardo que non. Estou convencido de que o PSOE vai gañar as eleccións, e agardo que a suma dos resultados do resto de forzas da esquerda dea para poder repetir un goberno progresista. Desde logo un goberno no que entre vox suporía unha terrible involución de dereitos