alcaldesa Digna Rivas e a concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, coa reponsable da empresa En Lingua de Signos, Raquel González Lovelle
Redondela

Redondela mantén a súa aposta pola inclusión social das persoas xordas e xordocegas

Coincidindo coa Semana Internacional das Persoas Xordas, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, vén de anunciar a posta en marcha do Servizo Municipal de Accesibilidade en Lingua de Signos que sitúa a Redondela na vangarda dos concellos galegos en canto a igualdade de dereitos das persoas xordas e xordocegas no seu acceso á información e a comunicación […]

concello de Pazos de Borbén
Redondela

O BNG de Pazos de Borbén denuncia os constantes verquidos das decantadoras municipais

O concello de Pazos de Borbén conta con tres equipos compactos de depuración STP-50 situados nas parroquias de Nespereira, Amoedo e Pazos. Estes equipos foron financiados no seu dia pola Deputación de Pontevedra a cargo do programa Deputrans, no cal o concello debería de facerse cargo do mantemento destes equipos. […]

O VISO RETOMA OS CURSOS DE MÚSICA TRADICIONAL PARA A TEMPADA 2021-22
Redondela

O VISO RETOMA OS CURSOS DE MÚSICA TRADICIONAL PARA A TEMPADA 2021-22

A Sociedade Cultural do Viso comezará o curso lectivo despois do parón do verán no mes de setembro co curso de gaita tradicional e percusión impartido por Manuel Cruces, gaiteiro do grupo Tanto Nos Ten, os venres pola tardiña en varios grupos a partir das 18:30h e iniciación á percusión os xoves ás 16:00h. […]

Redondela

A festa de San Lourenzo volve a Fornelos

O pasado día 10 de agosto, dunha forma moi reducida e con estrita observancia dos protocolos sanitarios, celebrouse San Lorenzo na praza de Fornelos. A xornada contou coas actuacións musicais da banda de música de Vilatuxe e da orquestra Os Satélites e o seu éxito foi incontestable amosando que a veciñanza de Fornelos, igual que en calquera outra parte, ten necesidade de socializar e de gozar do seu lecer pois a parte lúdica é inherente á especie humana […]