Unidade fronte á traizón sindical en Stellantis

Cut central unitaria de traballadores citroën

A sección sindical da CUT en Stellantis Vigo e as seccións sindicais da CGT nos centros de Stellantis en Madrid e Zaragoza reunímonos no día de onte 20 de marzo nos locais da CGT en Madrid para analizar o ataque sistemático que tanto a empresa como os sindicatos do réxime están levando a cabo contra o sindicalismo combativo.

Un exemplo máis desta situación de conivencia coa empresa é o chamado “bonus” que Stellantis decidiu repartir entre as persoas traballadoras aplicando un 1,53% do salario, cunha contía que oscila entre os 300€ e os 700€ en tódolos centros.

Ademais, os sindicatos vendidos aceptan unha vez mais sen cuestionar oendurecementodosrequisitosparaacceder eestemiserable“bonus”, pasando de 180 días (6 meses) a 270 días (9 meses) ininterrompidos para xerar dereito de cobro. Aínda que xa non discriminan ás persoas que estiveron de IT, si exclúen e discriminan á unha gran maioría dos traballadores/as entre eles os/as eventuais, que seguramente quedaran fóra do cobro desta paga. Outra mostra máis de que estes sindicatos carecen de capacidade negociadora e actúan como meros voceiros da empresa.

Ante este escenario, CUT e CGT reforzamos o noso compromiso de traballar conxuntamente para establecer loitas unitarias en todos os centros de Stellantis no estado español tanto xurídicas como sindicais. Porque as políticas da empresa son as mesmas en todas partes e a súa complicidade cos sindicatos do réxime tamén.

Non esquecemos quen é o noso verdadeiro adversario: a empresa. Pero tampouco ignoramos quen son os nosos inimigos: aqueles que, dicindo representar á clase traballadora, venden os seus dereitos ao mellor “postor.”

Por iso, seguiremos esixindo, máis aló deste miserable “bonus”, o reparto xusto da paga de beneficios, porque existen e pertencen ás persoastraballadoras.Asícomoasúaconsolidaciónparaquesexaun dereito estable e non unha “limosna” arbitraria da empresa.