O asasinato de Teresa

Patricia Pampillón, traballadora do SAF

Cumprida unha semana do asasinato da Compañeira do SAF do Porriño Teresa de Jesús e aínda estamos en shock moitas das que compartimos labor profesional con ela.

Son moitas as gabanzas e palabras de ánimo recibidas polo acontecido pero moi poucas as accións pertinentes por parte dos Organismos Competentes para evitar ese lamentable feito poida repetirse e que o asasinato a sangue frío dunha traballadora do SAF mentres realizaba a súa labor de axudar a unha dependente nas súas labores diarias.

Esta desgracia é o desenlace do que moitas hai tempo vimos avisando e advertindo que podía acontecer, moitas das que diariamente nos enfundamos os nosos uniforme de traballo e deixamos a nosa vida e problema nos nosos coches ou mochilas e afrontamos o noso traballo con ilusión, forzas e ganas de mellorar a vida de aquelas persoas a quen temos que axudar coa nosa gratificante labor no humano pero tan deostada, esquecida e castigada no laboral.

Son moitas @s usuari@s que co seu agarimo e sorriso nolo agradecen ao igual que moitas familias que nolo poñen mais fácil e facilitan o noso labor e a recoñecen e nos fan sentir unha máis das súas familias pero lamentablemente tamén nos atopamos soas en situacións moi difíciles nas que a nosa integridade física e psicolóxica se atopa nas mans de moito ser desagradecido que se cree con dereitos sobre nós, o noso bo labor e pretende escusarse nel para abusar de nós coa total impunidade que iso lles supón xa que a maioría das vítimas o único que reciben das empresas que deberían defendelas e coidar a súa integridade física e anímica é a resposta típica, renuncia o servizo, tenta aguantar mentres non topamos quen te cubra… Esa é a escusa máis empregada, a solución a que máis se recorre cambiar a cara e nome das auxiliares pero non atallar o problema de raíz, a falta de respecto e humanidade do agresor, do que abusa da nosa soidade e profesionalidade o servizo d@s nos@s usuari@s para abusar física, psicolóxica ou laboralmente. O diñeiro que pagan polos nosos “servizos” é o primordial, somos carne de canón e abusos ante a impunidade das empresas concesionarias que ademais pasando por encima da ética e dos nosos dereitos e sen chisca de humanidade moitas veces silencian os graves problemas que os SAF e as súas auxiliares sufrimos para quedar ben diante dos Concellos pertinentes e das súas asistentes sociais con tal de seguir enchendo os seus petos e consolidando “ o seu bo labor e satisfacción dos familiares” sexa o custe que sexa e pasando por riba do benestar e seguridade incluso das persoas que realmente poñen a cara e o corpo para realizar o servizo in situ e pisando e burlándose dos seus dereitos e da humanidade e recoñecemento que polo simple feito de facilitar a vida dos máis necesitados mereceriamos.

Á Xunta, Concellos e demais Organismos pediríalles como Auxiliar, como profesional sanitaria dun servizo esencial como é o SAF que se deixen de brinde ao sol, de cháchara barata e que en vez de secundar ou convocar minutos de silencio os eviten, ao igual que os abusos ben sexan físicos como psicolóxicos. As agresións verbais, físicas e o maltrato psicolóxico son tamén preocupantes e deberían ser motivo de protestas, concentración e accións inmediatas como retiradas de servizos ou castigo para os que abusen das compañeiras. Énchesevos a boca dicindo que a solución sería ir a comisarías e denunciar … en serio?. A unha traballadora a quen lle pegan, insultan maltratan psicoloxicamente co menosprezo ao seu traballo e a súa capacidade profesional lle piden saquen forzas para ir a unha comisaria cando xa nos esforzamos en tentar contarllo a quen debería defendernos nas empresas e non só non o fan senón que insinúan a túa culpa, che piden que aguantes ou senón e máis empregado poñer en dúbida a túa capacidade profesional e persoal.

Moitas das compañeiras ademais do vocacional empregan o seu posto de traballo como sustento principal dos seus fogares e das súas familias e teñen medo a perdelo e por iso aguantan as chantaxes crueis das empresas que ofrecen servizos nos SAF e que maiormente xogan con ese medo e carecen de sensibilidade e escrúpulos e só lles importa unha cousa PODER E DIÑEIRO.

As autoridades se realmente queren cambiar as cousas, insten a reunións para actualizar e renovar o noso anticuado, en tódolos aspectos, convenio e doten aos servizos do SAF de protocolos e fórmulas que garantan o noso labor e lle dean seguridade e nos faga estar protexidas ante os perigos que sufrimos nos domicilios e con persoas conflitivas. DE NADA SERVE SUSPENDER E CANCELAR SERVIZOS SE DESPOIS DUN TEMPO SE TENTAN RETOMAR SEN AVALIACIÓNS PERTINENTES.

A VÓS COMPAÑEIRAS, PENSADE QUE CALQUERA DE NOS PODE SER TERESA SE AS COUSAS NON CAMBIAN, CALQUERA DE NÓS PODEMOS DEIXAR A NOSA VIDA NALGUNHA CASA E NAS MANS DE ALGÚN USUARIO OU FAMILIAR QUE SE CREA CON DEREITO A DECIDILO ESCUSÁNDOSE DESPOIS NUNHA MALA SITUACIÓN PSICOLÓXICA.

NON CONSINTAMOS O MÍNIMO ABUSO NEN FÍSICO, NEN LABORAL, NEN PSICOLÓXICO E POÑÁMOLO EN COÑECEMENTO DOS ENLACES SINDICAIS E POSTERIORMENTE DA EMPRESA E CONCELLOS SE ASI FOSE PRECISO. SÓ EN NÓS ESTÁ PODER FACELO.

SENÓN POR NÓS FAGÁMOLO POLA NOSA XENTE, COMPAÑEIRAS E PORQUE O CRUEL ASASINATO DE TERESA NON SE REPITA E NON FOSE MOTIVO PARA CAMBIAR E MELLORAR AS COUSAS QUE SERIA A NOSA MELLOR HOMENAXE.

XUNTAS SI PODEMOS