Lembranza dun niño de merlos
Artigos de opinión

Lembranza dun niño de merlos

Como diría Tino , esta é a historia viva dun fillo de Fornelos da Ribeira, e como ,toda historia viva, tamén a dunha parella de merlos que aniñaran no parral da entrada do eido da miña familia Cambra, no rueiro do Casco,cando eu tiña 12 anos, e das observacións daquelas criaturas, das súas costumes que converteran a toda a familia nuns improvisados aprendices ornitólogos. […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

Ciao Abanca

Abanca vaise de Seixo, de Soutelo, de Moaña, de moitas vilas galegas onde é a única entidade presente, deixando sen servizo a moita xente. Abandona e deixa desamparado o rural galego […]

Solpor Nigrán
Val Miñor

O Concello de Nigrán regresa ao miradoiro de monteferro para festexar o festival solpor o 2 e 3 de xullo coas mellores bandas da comarca

“Tras unha edición no 2020 en Gaifar por cuestións de normativa sanitaria, agora regresamos ao mellor escenario do mundo, o que motivou este festival. Agardamos que no 2022 a normalidade sexa completa”, afirma Juan González, alcalde de Nigrán […]

IES Johán Carballeira
Morrazo

O Concello de Bueu recibe ao alumnado do IES Johán Carballeira que realizou prácticas no estrangeiro

O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu este venres, 25 de xuño, un acto de recibimento a seis rapaces e rapazas do IES Johán Carballeira, que este curso participaron nas mobilidades europeas no marco do proxecto KA102 de Formación Profesional. Félix Juncal, alcalde de Bueu, deulles a benvida despois dunha experiencia de prácticas laborais en diversos países europeos durante tres meses, e fíxolles entrega dun lote de libros do Concello […]

Gaña Mos
A Louriña

GañaMós Asemblea Veciñal acorda a expulsión de Román González Garrido pola violación reiterada do Código Ético

Con data do 24 de xuño de 2021, GañaMós Asemblea Veciñal celebrou unha asemblea extraordinaria ante a noticia aparecida na prensa local da dimisión do seu portavoz Román González Garrido e acorda aprobar a seguinte declaración […]