Mos vive para a foto
Vivimos nun concello de pouco máis de 15.000 habitantes e con moitas necesidades, ademais de ilusións que arrastramos durante anos por intentar acadar para o noso municipio. Unha vila onde a veciñanza aprecia ter seguridade cando pasea ou camiña polas nosas rúas, que conta cunha gran cantidade de traídas de auga que fan unha labor primordial e case sen apoio local, con asociacións que traballan a prol da nosa cultura e patrimonio e que se non se pregan ante a alcaldesa son marcados de inimigos […]
