Homenaxe a Amparo Alvajar

Amparo Alvajar

O pasado 13 de abril no cemiterio da freguesía de Moreira na localidade de Monção celebrouse un acto homenaxe a Amparo Alvajar. A homenaxeada viviu entre 1916 e 1988 e foi unha muller apaixonante. Amparo naceu na Coruña e morre na localidade portuguesa na que ven de recibir a súa merecida homenaxe. Ela foi xornalista ,escritora e tivo un labor especialmente salientable como tradutora chegando incluso a ser directora do equipo de tradución da OIT( Organización Internacional do Traballo).Amparo estaba moi connotada coa República española. O seu pai César foi político e xornalista republicano e a súa nai Amparo activista na asociación de mulleres da Segunda República, e ela mesma foi secretaria de Casares Quiroga chegando a ser axente dos Servizos Secretos do Ministerio Republicano.

Despois da guerra tivo que se exiliar. Estivo en Francia e Arxentina e finalmente retirouse a Monção,cidade na que faleceu. A emotiva homenaxe foi promovida pola comisión pola recuperación da memoria histórica do Baixo Miño, O Condado e A Louriña, desenvolveuse no cemiterio onde repousan os seus restos mortais e contou coas intervencións da profesora e investigadora Aurora Marco e do veciño de Salvaterra e moi querido amigo desta casa o activista Antón Lorenzo( Xaque)