A CUT Citroen quere manifestar a súa desconformidade ante a publicación do salario do CEO de STELLANTIS que ascende ata os 36.5 millóns de euros no 2023, un 35.6% mais que no 2022 e un 47,9% mais que no 2021. Un salario inmoral se consideramos o acontecido nos últimos anos coas persoas traballadoras do Centro de Vigo, onde a perda de poder adquisitivo, o aumento da carga de traballo e o deterioro da saúde … esta a provocar que os traballadores de novo ingreso decidan abandonar voluntariamente á fabrica, ou que incluso moitos traballadores indefinidos decidan acollerse aos ERE.
