A FUXIDA DE MARIÑO, terceira parte.

Deixáramos a Mariño, xa a salvo en Tarragona, onde chegara no buque Nyassa, procedente de Lisboa, canda máis de 1500 refuxiados republicanos, procedentes sobre todo das terras de Extremadura, fuxindo da barbarie sanguinaria do comandante Castejón, así como de moitos refuxiados procedentes da Galiza e en particular das terras onde se estaba a construír a liña do camiño de ferro Zamora – Ourense, (A Gudiña, Lubián, Pobra de Sanabria, etc.)
Agora sei que Mariño levaba moitos anos, dende 1921, intercambiando unha rica correspondencia epistolar coa “Sociedad Progresista del Distrito de Salvatierra de Miño en Buenos Aires”, concretamente escribiulles até xullo de 1936 unhas 179 cartas, moitas delas de varias páxinas, recibindo non menos de 185, como así consta no arquivo da citada Sociedade.
Era unha evidencia que Mariño en tales circunstancias había de pedir auxilio os seus amigos de Bos Aires, e así foi. Estando preso en Lisboa fixo por carta a primeira demanda de axuda a seu amigo, o mecenas de Oleiros D. Manuel Puente, este coa maior celeridade procedeu a un primeiro envío de 722 escudos, que lle foron entregados polo embaixador da República en Lisboa, D. Salvador de Madariaga, responsable a sua vez do flete do barco antes citado.
Segundo a acta do 11 de outubro de 1936 da citada Sociedade, páxina 187, libro primeiro, outro destinatario de dúas cartas, “más o menos en los mismos términos”, foi o socio directivo Francisco Grandal.
O socio directivo Antonio Hidalgo dí, “…que se faculte a la Comisión Directiva para que actúe libremente cuando sea necesario en todo lo relacionado con la actual situación, disponiendo hasta la totalidad de los fondos sociales si ello fuera necesario, para ayudar a todos los camaradas de allá que se vieran urgentemente precisados.”
Mariño á chegada a Tarragona, xa a salvo na zona republicana , ficou como xa dixen adscrito o Reximento Vo de Infantería “Almansa”, (carecendo até o momento de datos militares que estou investigando), e dada a idade avanzada (56 anos), sinalaríanlle a prestación de servizos secundarios, auxiliares, administrativos, etc., non por iso acabaron os problemas…
A parte da cuestión da saúde de pouco lle serviron aqueles 722 escudos, porque en aquela situación de guerra, non puido trocalos. Foi así como de novo pediu axuda a D. Manuel Puente, este fixo xestións rápidas intentando que lle foran entregadas 3500 pesetas que a Sociedade mercara co obxecto de reparar a casa social de Salvaterra, pero que non chegaran o destino previsto por mor do golpe de estado, (a Sociedade, a través de Mariño, solicitara dous orzamentos para facer reparacións de mantemento da casa, un deles era do “mestre de obras Emilio Reijas Pereira de Oleiros).
Unha vez máis pola situación de guerra, foi imposible facerlle chegar ese diñeiro a Cataluña. Outra vez procedeu Mariño a pedir axuda.
Na acta da Asemblea do día 30 de xaneiro de 1937, páx. 07, dí así:
“se dá cuenta de varia correspondencia del camarada Mariño dando cuenta de su precaria situación en Tarragona. Después de breve cambio de ideas se acuerda dirigirse al Presidente del Consejo de Ministros de España con sede en Valencia, camarada Largo Caballero, pidiéndole se interese por la situación de Mariño, enviando la carta por avión”
Na acta da Asemblea Xeral realizada o día 29 de agosto de 1937, páx. 11, libro segundo, faise alusión de novo a varias cartas enviadas por Mariño das que non coñecemos o seu contido. O directivo Francisco Grandal fai alusión o fusilamento en Vigo do Tte. de Alcalde José Domínguez González e varios máis.
Na acta da Asemblea Xeral ordinaria do día 05 de decembro de 1937, páxina 14, libro segundo, faise alusión a correspondencia enviada por Mariño na que manifesta, “…que el Sr. Mariño se encontraba sin recursos y que la Comisión Directiva le ha mandado algunos, pero que ahora está trabajando y que ya está un poco mejor de recursos mientras trabaje…”
Na acta da Asemblea Xeral ordinaria realizada o 31 de xullo de 1938, páx. 17, libro segundo, dí: “…las buenas relaciones con las demás Sociedades lo mismo que con la Federación y con la Central Gallega de Ayuda al Frente Popular Español, destacando la importante obra desarrollada por esta última en su misión de ayudar a la España leal, a cuya labor nuestra Sociedad ha contribuido siempre en forma destacada tanto en el aporte monetario como en el de hombres, pero cuya labor es necesario intensificar aún más.” Quixen incluír este parágrafo, que non ten que ver directamente con Mariño, pola significación de solidariedade e ideoloxía mantida pola Sociedade salvaterrense.
Na páxina 18, faise alusión de novo a Mariño, “…el representante de la Sociedad en España, camarada Manuel Mariño Méndez, continúa exilado en Barcelona existiendo entre él y la Sociedad contacto por correspondencia por la cual demuestra su temple y entrega para sobrellevar en la forma que lo está haciendo todos los sinsabores de este amargo momento de su vida manteniéndose optimista en cuanto al resultado final de la lucha favorable a las armas de la República. Junto con él se hallan en Barcelona otros camaradas de Puenteareas como son Troncoso, Candeira, etc.
Ou sexa que Mariño xa se atopaba no verao do 38 en Barcelona. Así continuaba en xaneiro do 39, sabémolo por unha carta enviada o Centro Renovación de Bos Aires con data 06 de xaneiro na que dicían:
“Estimados camaradas: Disfrutando en íntima comida los manjares que nos proporciona vuestra Solidaridad y festejando a la vez la iniciación del muevo año –que será el de la victoria- nos es grato enviaros un cariñoso y fraternal saludo con la promesa sincera de que, como Españoles y como Gallegos, sabremos mantener en todo momento el suficiente valor de espíritu para afrontar todos los obstáculos, hasta conseguir ver a nuestra querida tierra, libre de traidores y extranjeros invasores.”
Asinan a carta:
Manuel Mariño Méndez, Alcalde de Salvatierra, José Troncoso Faro, Alcalde de Mondariz, Ramón Troncoso Fernández, Diputado Provincial por Puenteareas-La Cañiza, Antonio Barbeito Pérez, Concejal del Ayuntamiento de Puenteareas e José María González Vázquez, Comisario Político y Maestro Nacional.
Salvaterra de Miño 12 de xullo do 2024
Antón “Xaque”



