Cousas de Salvaterra. Manuel Mariño VII

Artigo de opinión A Nova Peneira
Antón Lourenzo, veciño da Vila
Antón Lourenzo, veciño da Vila

Cando comecei a andaina, fai sete meses, da fuxida do noso último Alcalde Republicano Don Manuel Mariño Méndez, no tiña idea do moito que ía dar de sí esta historia, pero así son as cousas e, con un pouco de fortuna, un pouco de perseveranza e a xenerosidade das persoas, dirixentes actuais da Sociedade de Residentes de Salvatierra de Miño en Buenos Aires, D. José García Barros, Presidente e D. Rubén Ricardo García, Secretario. Nunca lles poderemos estar suficientemente agradecidos.

Dende a última e dramática carta coñecida de Mariño, remitida dende Brive, Franza o 10 de Febreiro de 1939, pedindo auxilio a Asociación de Bos Aires e en particular a Don Manuel Puente, até a saída da Franza no mes de Agosto do 39, chegando a Bos Aires o 19 dese mesmo mes, transcorreron seis meses dos que non sabíamos ren, e tratándose de unha persoa afeita a escribir cartas, pensaba que debía de haber máis, e aínda non apareceron, si apareceron algunhas que sen dúbida son moi clarificadoras e interesantes.

Por outra banda, coñecendo as operacións levadas a cabo polo Deputado da República D. Alejandro Viana Esperón, no exilio francés a favor de multitude de refuxiados republicanos, dirixindo o SERE, Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles. Após a lectura do libro de investigación escrito polo político e avogado D. Roberto Mera Covas, titulado “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, publicado pola editorial Belagua Ediciones, libro que recomendo ler por tratarse dunha obra meritoria. Tiña a sospeita de que Mariño ben puidera ser un deses republicanos os que Viana axudou, pero carecía das probas, agora estou seguro de que Mariño coñeceu a Viana en Burdeos onde pasaron unhas semanas, un máis ca outro. Pensei en preguntarlle o citado Roberto, pero a causalidade fixo innecesaria dita pescuda, pois fai uns días caeu nas miñas mans o documento que demostra tal feito. Trátase dunha carta asinada en Bos Aires, cómo non, por D. Manuel Puente, Francisco Grandal e Camilo Sestelo.

Nesa carta, os tres asinantes, membros da Comisión Directiva da Sociedade de Salvaterrenses na cidade do Prata, designados para lograr a repatriación de Mariño, informan a dita Directiva do seu cometido o respecto así como dos gastos orixinados da cordo coa resolución de Asemblea celebrada oportunamente.

“Después de laboriosas gestiones y de agotar influencias, amistades, etc., nos ha sido posible lograr la autorización legal correspondiente para la entrada del compañero Mariño, cuyo arribo a este puerto, como es de conocimiento de todos Vds. , se produjo el 19 de Agosto pasado.”

Canda o bombardeo que sufrira en Reus do cal saíu ferido, inda que el manifestara que xa estaba recuperado, non debeu ser tal cousa. Iso e as vicisitudes e privacións dos meses en Burdeos, fixeron fenda na súa saúde porque a realidade é que chegou á República Arxentina en malas condicións.

“Es del conocimieto de la mayoría de los miembros de esa C. D., que el compañero Mariño Méndez ha sufrido una enfermedad, trastorno de la sangre, como consecuencia de los sufrimientos pasados, y cuya enfermedad fue tratada por facultativo competente y, después de varios análisis, tratamiento de inyecciones, esto podemos decir que se halla bien”.

A solidariedade da Sociedade en xeral e en particular de determinados elementos da mesma, en especial sen dúbida Manuel Puente, sempre estiveron presentes na axuda aos refuxiados republicanos durante a guerra e após desta.

“Estos gastos del tratamiento de la referida enfermedad, fueron sufragados por varios compañeros y, por tanto, los mismos no gravitan para nada sobre las economías de la Sociedad, por consiguiente, consideramos humano y justo que la Sociedad le abone los gastos de pensión y vivienda, que, por otra parte, son modestos, puesto que representan los tres meses 195 pesos”.

“Debe considerarse que el compañero Mariño es para todos nosotros un refugiado que por defender su ideología y los principios y órdenes de la Sociedad, ha perdido su patrimonio y su familia en una edad poco favorable para iniciar una nueva vida y que, además, si Mariño hubiera permanecido en Francia y se hubiese encontrado también enfermo, la Sociedad no habría regateado la ayuda necesaria.”

De seguido enumeran detalladamente as cantidades xiradas a Franza para a axuda a repatriación que foron as seguintes:

Xiro de 1000 francos franceses o 24 de Xuño de 1939, equivalentes a 117,50 pesos arxentinos.

Xiro de 5000 francos franceses o 07 de Xullo de 1939, equivalentes a 590,05 pesos arxentinos.

Gastos dun telegrama o 08 de Xullo de 1939, por importe de pesos 37,60.

Gastos dun telegrama o 21 de Xullo de 1939, por importe de pesos 18.45.

O importe total ascendeu a 763,60 pesos arxentinos.

Pero non ficou aí a cousa xa que o 24 de Abril de 1939, fixéronlle un xiro de 100 pesetas a muller de Mariño, que importaron 40,70 pesos.

En total o gasto ascendeu a 804,30 pesos.

E agora ven o fío que eu sospeitaba, e se confirma, a axuda recibida na Franza do chamado SERE;

“Como es de conocimiento de esa Comisión, por la correspondencia recibida de Mariño, éste tuvo que pedir prestados 800 francos franceses, por no alcanzarle los fondos girados para el pasaje y visación de documentos, importe que, al cambio del giro efectuado oportunamente, importarían 91,60 pesos. Lo que debe tenerse en cuenta, para reintegrárselo oportunamente a la persona que lo reclame, que es el compañero Alejandro Viana.”