Campaña da plataforma “ Cerdedo pola sanidade pública”

Representantes da plataforma con Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade

A Plataforma de Cerdedo pola Sanidade Pública comezou estes días unha campaña para que o novo aparcadoiro do Hospital de Montecelo sexa de balde, haxa máis prazas e que mellore o transporte público a dito hospital.

As cinco Plataformas afectadas por este aparcadoiro: Pontevedra, o Salnés, Sanxenxo, Marín e Cerdedo acordamos o pasado mes de xullo realizar unha campaña de visibilización deste problema ao longo do mes de agosto. Para iso pegaremos carteis alusivos a este asunto. Lembrar que tamén acordamos implicar aos nosos concellos e coñecer a súa posición. A nosa Plataforma xa se entrevistou días atrás co noso alcalde e manifestou estar por conseguir a máxima bonificación posible. Máis adiante realizaremos algunha actividade conxunta as cinco Plataformas para continuar coa nosa demanda.