O PSDEG-PSOE de Mos solicita á xunta de galicia unha cuberta no patio exterior do ies de Mos e poñer en marcha o ciclo medio de guía no medio rurale de tempo libre

PSDEG-PSOE de Mos

A bancada socialista, a través dos seus deputados e deputadas na Xunta de Galicia, presentou esta semana unha proposición non de lei para instalar unha cuberta e ofertar un ciclo medio no centro de educación secundaria do Concello.

Argumentan que os nenos, nenas e adolescentes, durante a súa vida escolar, pasan moitas horas no patio do seu instituto como espazo de xogo libre, ás que lle debemos sumar as horas de educación física, as de actividades de aprendizaxe curricular que fan o aire libre e as das actividades extraescolares. Entre a comunidade educativa hai un claro consenso en que o espazo exterior do centro é un espazo educativo moi relevante para a mellora da saúde e benestar.

Promocionar a actividade física na contorna escolar, ademais de ser beneficiosa para a saúde, favorece o benestar psíquico e as relacións interpersonais entre o alumnado. Ademais é necesario que eses espazos exteriores ofrezan máis diversidade de xogos e posibilidades, que poidan permitir o goce da natureza, o seu coidado, experimentación e a aprendizaxe nela. Esta mellora permitiría poder ampliar os ciclos formativos orientados a esa especialidade

Os socialistas manifestan que a necesidade dun patio cuberto é unha realidade que é coñecida dende hai tempo e queren que se execute canto antes para mellorar as actividades do centro. Tamén defenden a posta en marcha do ciclo medio de guía no medio rural e de tempo libre, xa que o centro educativo de Mos é o idóneo para albergar estes estudos por ser unha zona de alto valor natural, rural e paisaxístico, ofrecendo máis saídas educativas á mocidade de Mos e arredores.