Confederación Intersindical Galega A Nova Peneira
Novas

A CIG-Construción critica que nos actos de inauguración do AVE se obviara a enorme sinistralidade rexistrada nesta obra pública

A Federación da Construción e Madeira da CIG, diante dos actos políticos con motivo pola chegada do AVE a Ourense, quere chamar a atención, unha vez máis, sobre o elevado número de accidentes laborais rexistrados durante as obras do tren de alta velocidade, nas que non se pode esquecer que morreron 11 traballadores e nas que existiron unhas condicións laborais de escravitude […]

Igualdade lingüistica
Novas

O Apalpador entrégalle ao goberno español 10.000 sinaturas a favor da igualdade lingüística na nova Lei do Audiovisual

O Apalpador entregou esta mañá na delegación do goberno español na Coruña as 10.000 sinaturas recollidas pola Mesa pola Normalización Lingüística a prol da igualdade para a dobraxe e a lexendaxe en galego na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, dentro da Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua. […]

Nestor rego
Novas

BNG reclama ao Goberno do Estado o uso do galego nas campañas institucionais

O BNG vén de rexistrar na cámara baixa unha iniciativa para reclamar que o Goberno do Estado realice as campañas institucionais e de concienciación social en galego cando esa publicidade se inserir en medios de comunicación ou xornais da Galiza. A organización frentista demanda tamén que sexan tomados en conta tamén medios publicados en galego, medida que favorecería a normalización lingüística e daría cumprimento á Carta Europea das Linguas […]

O declive do carbón baixou as emisións de GEI de Galicia un 24% entre 1990 e 2019
Novas

O declive do carbón baixou as emisións de GEI de Galicia un 24% entre 1990 e 2019

O informe “As emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) de Galicia (1990-2019)” de Ecoloxistas en Acción, a partir dos datos máis actualizados procedentes do inventario de emisións do Ministerio para a Transición Ecolóxica, aborda a evolución das emisións de gases causantes de quecemento global desde o territorio galego […]