Néstor Rego A Nova Peneira
Novas

BNG reclama ao Goberno do Estado que investigue as inmatriculacións da Igrexa na Galiza e anule as que recaian sobre o dominio público

A organización nacionalista sinala que moitas das propiedades que aparecen no listado que fixo público o Goberno foron rexistradas pola Igrexa de maneira absolutamente irregular, moitas foron apropiadas durante o franquismo, outras carecen de título que acredite a titularidade e outros son bens de dominio público. Por iso o Goberno debe investigar as inmatriculacións feitas e anular, cando menos, as que recaian sobre bens de dominio público […]

Monumento monte da Obra Celanova Memoria histórica
Novas

A memoria do país pide a retirada da cruz falanxista de Celanova

Ferrín, Alonso Montero, os fillos de Celso Emilio, Pepe Velo e Luís Soto, máis de 50 entidades e colectivos que traballan pola memoria histórica e os principais historiadores e investigadores do país, entre as máis de 200 sinaturas que apoian a iniciativa do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova […]

Iniciativa Galega pola memoria
Novas

A IGM cre que indemnizar aos Franco polo mantemento da ocupación fraudulenta supón perpetuar a anomalía democrática en Meirás e reclama ao Estado que recorra a sentenza

Cre que a única vítima da demora na recuperación do Pazo foi o pobo galego, que conviviu durante corenta anos “coa vergoña do espolio impune” e que agora se vería novamente agraviado polo feito de compensar a quen herdou o roubado […]

Asamblea Republicana Galega
Novas

Posición da Asemblea Republicana Galega sobre o cambio de presidente en EEUU

Joe Biden foi nomeado novo presidente dos Estados Unidos despois de catro anos de auténtica loucura no ámbito xeopolítico internacional que alcanzou o seu clímax coa invasión do Capitolio o pasado 7 de xaneiro, unha evidencia máis da crecente ondada neofascista que xurde cada vez que o sistema capitalista se sinte ameazado e que pretende recortar dun xeito máis evidente os dereitos e liberdades da maioría social […]

A Mesa pídelle á Xunta que garanta os dereitos dos galegofalantes na súa relación coa administración de xustiza
Novas

A Mesa pídelle á Xunta que garanta os dereitos dos galegofalantes na súa relación coa administración de xustiza

Elsa Quintas pediulle ao director xeral de xustiza, Juan José Martín Álvarez, que a aplicación Minerva que se emprega na oficina xudicial teña os modelos dos documentos en galego, que manteña actualizados os textos lexislativos en galego e que se garanta a capacitación lingüística a todas as operadoras xurídicas para que calquera cidadán que o solicite poida ser atendido na nosa lingua […]

Acacia paid a abolición do isolamento nas prisións
Novas

Acacia paid a abolición do isolamento nas prisións

EsCULcA pide acabar co réxime de confinamento solitario nas prisións do Estado español. A organización galega de defensa dos dereitos e liberdades considera que “o isolamento prisional implica un trato cruel, inhumano e degradante para as persoas, e constitúe en si mesmo unha forma de tortura”. […]

Néstor Rego A Nova Peneira
Novas

BNG reclama ao Goberno que defenda os intereses da frota pesqueira galega en Europa e evitar un novo recorte nas cotas

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, lamenta que o Goberno español máis unha vez ignorara os intereses da Galiza e dera o visto bo ao Acordo que suporá unha nova redución das cotas de pesca para a frota galega que porá en risco o futuro desta importante actividade produtiva e sector básico da economía galega […]