
O fútbol modesto en tempos de pandemia
A situación que vivimos afecta a todas as persoas, e a todos os eidos da vida coverténdoa en algo moi distinto a como a coñeciamos antes de marzo do ano pasado. E o fútbol modesto, unha realidade enormemente popular nas nosas vilas, aldeas e barrios non é alleo ao problema. Na actualidade, só os equipos que teñen a oportunidade de competir en categorías de ámbito estatal poden xogar e adestrar. […]