bng paso a nivel Porriño
Sin categoría

O BNG levará ao Congreso unha proposta máis ambiciosa para o paso a nivel

O deputado Néstor Rego visitou esta mañá o Porriño. Tras manter unha reunión co concelleiro de Urbanismo Pedro Pereira e a responsábel local Míriam Martínez, deuse a coñecer a posición que defende o BNG para a supresión do paso a nivel e o soterramento das vías […]

Cousas de Salvaterra, primeiras escaramuzas
Artigos de opinión

Cousas de Salvaterra, primeiras escaramuzas

Publicouse neste xornal no mes de Xuño pasado a descrición da segunda entrada e conquista da vila de Salvaterra polos portugueses o 15 de agosto de 1643. Naquel intre aínda non tiña localizada a información da primeira entrada que fixeron dous anos antes, nin tampouco a situación prebélica o longo da fronteira […]

I Aniversario do novo local da Escola Leam de artes marciais de Ponteareas
Sin categoría

I Aniversario do novo local da Escola Leam de artes marciais de Ponteareas

En Ponteareas, na rúa Trovador Xoán García de Guillade número 50( 665858420) está o club Leam de artes marciais. Esta é unha escola deportiva que ten 3 anos de vida, os dous anteriores nun local diferente, e este último no emprazamento actual. Está dirixida por Jose Loren un mestre que leva toda a vida neste mundo e que desenvolve o seu traballo cunha enerxía e paixón tan elevada que despois de falar con el contaxia as gañas de pórse o kimono e subirse ao tatami […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Sin categoría

Rogelio Estévez Cambra na memoria de Salvaterra

Hai uns días, mercando na carnicería de Fita Carrera, Salvaterra, cadrei con dous veciños de Fornelos da Ribeira, (a nai de Fita tamén é desa parroquia). Comezamos falando da apenas iniciada e nunca acabada ponte entre esa parroquia e a pontareá Nogueira, acabamos falando de Don Rogelio Estévez Cambra, egrexio fillo desa freguesía. O caso é que ninguén dos presentes coñecía ese persoeiro, iso animoume a facer este pequeno traballo. […]