Roberto Jorge Correa, Concelleiro do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego
Dende o grupo municipal do BNG vimos de propor a Verónica Pichel a dotación dunha partida económica para o estudio detallado da afección dos novos parques eólicos tramitados polo goberno do estado e que afectan ás parroquias de Aciveiro, Meavía, Quintillán, Castrelo, Forcarei, Presqueiras, Pardesoa e á localidade de Soutelo de Montes, así como as dúas liñas eléctricas asociadas que atravesan de este a oeste e de norte a sur o noso concello.
29 aeroxeradores en proxecto en zonas agrarias considerámolo un sinsentido.
Nonnestamos en contra da enerxía eólica, entendemos a necesidade, mais non así. A enerxía ten que ser compatible coa calidade de vida no noso concello, Galicia non pode ser unha vez máis a zona de sacrificio.
Consideramos que é grave que estes parques se superpoñan sobre outros parques tramitados polo propio Ministerio, achegándose aínda máis ás aldeas e elementos patrimoniais, polo que este estudio nos permitirá evaluar con certeza os mesmos.
É incomprensible que por parte da promotora non se falara cos propietarios e a primeira nova sexa a publicación no boe.
É igualmente incomprensible que se envíen dende o ministerio proxectos e proxectos cuxos estudos supoñen un gasto para os concellos, gasto que non escatimaremos para garantir un estudio técnico e ambiental serio.
Demandamos urxencia a Verónica Pichel para delegar este estudio e que poidamos dar resposta á veciñanza das afeccións inmediatamente.
