O escritor guardés Francisco Álvarez “ Koki” presenta os seus libros na SLC de Reboreda

KoKi Tino

O pasado venres 6 de xuño a SLC de Reboreda acolleu a presentación de dous dos libros do escritor guardés Francisco Álvarez “Koki”: “ Ratas en Manhattan” e “Máis aló de Fisterra”. Koki é un poeta da Guarda cunha ampla produción literaria que ten no compromiso social e no amor por Galiza os seus alicerces creativos. O acto foi presentado por Tino Lago, director deste medio de comunicación. Desde a redacción de ANP agradecemos a colaboración e a amabilidade da directiva da SLC para que este acto puidera ter lugar, e continuaremos a colaborar ,na medida das nosas posibilidades, para que as persoas e colectivos que, como Koki, posúen un profundo compromiso cos de abaixo, cos que sofren inxustiza, á vez que defenden con orgullo a condición do noso pobo de sermos unha nación singular no mundo, teñan nas nosas páxinas unha vía de expresión.