A pintura de Ángel Barros exporase en Redondela
Redondela

A pintura de Ángel Barros exporase en Redondela

A Concellaría de Cultura anuncia a vindeira exposición de pintor redondelán Ángel Barros. Baixo o título de “Arte coma pensamento crítico”, o artista presentará unha pintura de compromiso social a partir da escolla e reinterpretación de obras referentes na historia universal: Goya, Rafael, Delacroix, Zurbarán ou Gericaul […]

XXI Festival de Títeres e Redondela
Redondela

XXI Festival de Títeres e Redondela

Desde hai dúas décadas, cada ano, cando agroman as flores de abril a sociedade redondelá agarda ilusionada a unha nova edición do seu festival de títeres que adoita celebrarse nos meses de maio ou xuño. Desta volta a situación sanitaria fixo imposible que se desenvolvese nas datas habituais. Porén o entusiasmo, o interese e a vontade inquebrantable dos seus organizadores logrou que a súa maxia seguira asolagando de ilusión aos corazóns da veciñanza de Redondela, e neste mes de setembro, nun formato máis reducido, puidemos gozar dunha nova edición do festival […]

Samuel Blanco ciclista de Chapela, campión de España da categoría elite
Redondela

Samuel Blanco ciclista de Chapela, campión de España da categoría elite

Samuel é un rapaz de Chapela, iso si fillo de redondelán, que acaba de acadar o campionato de España da categoría elite de ciclismo. Esta é unha categoría antesala do ciclismo profesional, o último chanzo ata competir contra as máximas figuras do pelotón internacional. A vitoria de Samuel é enormemente meritoria, pois o campionato supón unha carreira que se disputa xunto cos mellores ciclistas de España ao mesmo tempo. Computando o concurso dos profesionais, Samuel, obtivo un magnífico noveno posto absoluto. Talento de Chapela en estado puro, é Samuel. Teño a convicción de que pronto o veremos nas escarpadas costas dos Alpes franceses ao carón da elite do ciclismo mundial […]

Hobbybike Redondela
Redondela

Hobbybike Redondela

Na entrada de Redondela, na estrada de Vigo número 14 está Hobbybike, unha tenda de venda e reparación de todo tipo de bicicletas, tanto eléctricas como convencionais que está a piques de cumprir os seus primeiros 10 anos de vida […]

Guadi Galego Redondela A Nova Peneira
Redondela

Guadi Galego presenta o seu traballo” Immersion” en Redondela

Guadalupe Cribeiro, que se apelida como un dos meus poetas preferidos, de nome Xosé Alexandre, coñecida no universo artístico como GUADI GALEGO, é unha extraordinaria música do noso país. Ela é natural da segunda Cedeira máis bonita do mundo. Unha localidade de enorme beleza da comarca de Ferrolterra, que porén non pode competir coa nosa Cedeira de Redondela […]

Reducir recollida algas impide erosión praias
Redondela

As algas non son limo

Ecoloxistas en Acción aplaude a iniciativa do Concello de Redondela para coidar da biodiversidade na praia de Cesantes. Reducir ao mínimo arecollida das algas acumuladas nos areais fai que neles aflore de novo a vida e impide a erosión das praias. Agardamos que máis concellos da nosa ría emulen este exemplo. […]