Etiqueta: Opinión

Actos da memoria que seguen na memoria despois do tempo

Culminou un traballo, pequeno e grande á vez. Un traballo que suma moitas vontades, un traballo de esforzos. Tratábase de recuperar os restos de catro persoas que loitaron pola dignidade, pola legalidade. Pero iso hoxe, ben sabemos, non cotiza en bolsa e por iso ten pouca transcendencia. Anque en si, xa somos ben deles, sabemos que ten moita, moita importancia

Read More

O dilema

“Temos unha poboación envellecida, a nosa xente nova está a marchar -máis preparada que nunca-, buscarse a vida alén das nosas fronteiras, unha auténtica enxurrada de futuro que se perde, o rico mundo rural, a gandaría e agricultura esmorecendo, os montes enchéndose de eucaliptos, as fábricas a pechar nun proceso de desindustrialización brutal, desapareceu o pouco que había parecido a unha banca galega como as caixas de aforros. Non estamos ante nada pasaxeiro, é estrutural ese desaxuste de Galiza no Estado Español. Non hai corpo que aguante a sangría que sofre o noso País. Sinceramente, pouco ou nada se albisca, dun futuro mellor de non mudar radicalmente as cousas.”

Read More

ADICAM

O 19 de outubro celébrase o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama. Moita xente pretende ningunear estes “días de…” argumentando que calquera causa tense que reivindicar tódolos días do ano. E non lles falta razón nesa afirmación máis estes Días non conlevan exclusividade, simplemente están pensados para visibilizar distintas reivindicacións ou necesidades

Read More

Das débedas

Sobre a cuestión da débeda, recordaba un antropólogo anarquista, nun recoñecido libro editado a pouco da crise do 2008, que, contra o que parece un mandato moral unánime, non se trata por igual a todo o mundo. Podemos ler nese libro que nas cárceres inglesas do século XVIII o trato aos debedores presos respectaba as diferenzas sociais

Read More

Desde o rural, afogados

Non sei de que nos estrañamos. Ao rural sempre vén aquilo que noutros sitios sobra ou que directamente ninguén quere. Os lodos dos filtros das fábricas das cidades, dos polígonos industriais que fomentan a produción e a industria abrasiva, veñen parar ao medio dos eucaliptos, ás agachadas, no medio da noite, ou no medio dunha mina abandonada, para tamén tirar vacas tolas coma noutrora

Read More

Facturas

Asistimos desde hai semanas a un duro debate sobre a suba do prezo da electricidade. Día tras día bátese o récord do prezo do megawatt hora. Está en xogo o benestar e a saúde de moitos consumidores xunto á viabilidade de moitas empresas e dos propios plans de recuperación económica do goberno

Read More

As cancelas do amor

Nunha das últimas entrevistas que lle fixeron a actriz catalana Rosa María Sardá, pouco tempo antes de finar, aseguraba que nada iamos aprender de todo o que estabamos a vivir e que iamos seguir sendo unhas bestas depredadoras, faltas de toda empatía, por moito que aplaudiramos tódolos días dende o noso balcón ás oito da tarde

Read More
Loading