Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

As cancelas do amor

Nunha das últimas entrevistas que lle fixeron a actriz catalana Rosa María Sardá, pouco tempo antes de finar, aseguraba que nada iamos aprender de todo o que estabamos a vivir e que iamos seguir sendo unhas bestas depredadoras, faltas de toda empatía, por moito que aplaudiramos tódolos días dende o noso balcón ás oito da tarde […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

Afganistán, incerto futuro

O pasado 1 de maio as tropas dos EEUU e da OTAN debían ter abandonado Afganistán, en virtude do acordo, tras 18 meses de conversas, que o ex-presidente D. Trump asinara cos talibán en febreiro de 2020 en Qatar, a cambio de que o solo afgán non sexa utilizado para ameazar a seguridade dos EEUU e os seus aliados, e que os talibán sentaran a negociar co goberno afgán […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

A HEMEROTECA CUÁNTICA DO DECANO

Como fiel lector da Hemeroteca do Decano, aínda tardei en darme conta do burato de verme que se atopa no seu universo. Cal físico cualificado e aplicando o empirismo máis ortodoxo, investiguei a posibilidade de que as vivencias humanas, tales que miserias, alegrías, tristezas, felicidade, penurias, benestar, etc. […]

Carabineiros, gardas civís, gardas de asalto e mariñeiros da Armada, que tomaron Tui o 26 de Xullo de 1936
Artigos de opinión

1936: golpe militar e saqueo na provincia de Pontevedra

O fascista fala todo o tempo de corrupción. Fíxoo en Italia en 1922, en Alemania en 1933 e no Brasil en 1964. Acusa, insulta, ataca como se fora puro e honesto. Mais o fascista é tan só un criminal, un sociópata que persegue unha carreira política. No poder, non dubida en torturar, violar, roubar as pertenzas da xente, a súa liberdade e os seus dereitos. Máis que corrupción, o fascista practica a maldade.” (Norberto Bobbio) […]

Minaría do ouro en Salvajería
Artigos de opinión

Minaría do ouro en Salvaterra

O pasado día 20 de marzo tiven a sorte de facer unha interesante e pedagóxica andaina xeolóxico-mineiro-cultural, nunha zona da freguesía de Salvaterra que se ben farto de cruzar por ela, nunca me dera por entrar, nin sequera movido pola miña afección á micoloxía […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

Xornalixo vs. Xornalismo

Debátese nestes días encol dunha polémica nacida na lameira na que se converteu a política do Reino de España, para sermos exactos, na lameira fedorenta que é a política da súa capital e na campaña miserenta das eleccións autonómicas madrileñas […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

Federicas e Froiláns

Estou comezando a escribir estas liñas, para tod@s aqueles que teñan a ben botarlle unha ollada, pensando no seguinte: que carallo me importa a min o que fagan ou deixen de facer estas rémoras? (utilizo este adxectivo porque lles ven feito a medida, non creo que haxa outro mellor, sen caer na inmundicia da descualificación e do insulto) Parece unha gilipollez pero non o é […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

A solidariedade é feminina

Mucha, a da Praia, ten uns ollos redondos como plenilunios e brillantes como o salitre. Se fas o exercicio de concentrarte neles parece que os trasparentas, traspasándoos coma un catéter que ascende pola anatomía da humanidade deica chegar ao corazón. […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

Mudhar

Os entendidos no oficio de vivir din: a vida, para vivila, hai que mirala cara a adiante, para entendela hai que mirala cara a atrás. Parécenos de moita razón a sentenza […]