Avelina Salgués Otero, Mestra das nenas de Fornelos da Ribeira

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez

A historiografía sobre a educación, na II República, era de grandes esperanzas educativas e viuse enriquecida coas colaboracións dos traballos potenciais de Puelles Benitez, e de Fernández Soria. (Educación e ideoloxía na España Contemporánea, 1.767- 1.975, e Educación e Cultura, socialización e lexitimación política, 1.931-1.970) porque segundo os investigadores a Educación, era unha das bases da reforma emprendida para lograr a democracia e modernismo, do país, xerando esperanzas e temores polos extremismos políticos e crise económica.

A II República intentaba confirmar un estado educador da xente, de homes e mulleres, mais libres, na defensa dos seus dereitos, e na igualdade dos seus deberes, plasmados na Constitución republicana.

A educación republicana, bebía dos ideais da ILE e do PSOE e da Escola Nova: Unha ensinanza pública, obrigatoria, gratuíta, activa e laica, comprometida contra as desigualdades sociais, de xénero e de lingua,algo parecido a de hoxe.

Polo menos, se está a conseguir estes obxectivos que quedaron plasmados nos plans da Escola Normal, establecemento da escola única, planificación, execución e construción dos actuais centros do Ensino, con experiencia mixta na escola primaria, que durante a Guerra Civil, se viu alterada e politizada na zona leal a II República, a depuración sufrida, requisa dos edificios escolares e adaptación o contexto bélico plasmado, etc.

Finalizada a Guerra Civil, o franquismo cambiou a educación rapidamente substituíndo a lexislación republicana pola outra fundamentada nos “principios católicos e falanxistas”, que afectou de maneira directa a vida das mestras e mestres, e os seus valores difundidos pola escola.

A ensinanza franquista estivo centrada no nacional catolicismo. E nos meus anos, e agora, incluso, cada vez hai teses, estudos e traballos sobre a represión,e un análise local, da inquietude dos profesionais sobre o futuro, ata tal punto que algúns se “pecharon” nos últimos anos co franquismo. Mais non podían facer!

Eu non pretendo mais que formular, dentro do ámbito da historia local de Fornelos da Ribeira, do xénero, da educación, da nosa AVELINA SALGUÉS OTERO, que coñecín de rapaz, no eido de Cambra, naquela parcela da ensinanza,hoxe momento histórico, que A Nova Peneira, A Nosa! Recolle amorosamente.

Neste pequeno traballo, me propuxen o seguintes obxectivos:

Indagar, como era a mestra, tendo en conta os estudos, a idade, procedencia, experiencia laboral, tendencia ideolóxica e actividade durante a Guerra Civil, en Fornelos da Ribeira, e a súa reacción co proceso depurativo e a sanción.

No segundo lugar, nomear o seu nome, como persoa que viviu este tempo histórico, e en ocasións, antecesora que fixo posible, logo despois, da chegada da escola renovada, loitando durante o franquismo e a Transición por unha escola democrática.

Aquí deixo a miña grande consideración para Marita Silva e Elda Marín, de Fornelos, é outras mais, invitándoas todas a reflexión sobre a importancia da actual liberdade de actuación no ensino, e a pervivencia e transformación dos valores que nos transmitira a escola dende 1.939 sufrindo as depuracións, etc.

A Nova Peneira, “A Nosa” sempre atenta, recolle estes problemas desagradables que tiveron lugar nas nosas parroquias, para que a nova xuventude saiba daqueles tempos tristes e miserables pasados nas nosas parroquias.

A escola foi considerada polo franquismo como unha prolongación da familia daquela maneira, que determinaba a función da docente, como factor de rexeneración social, especialmente neste caso de Avelina Salgués Otero, como prolongación do rol maternal da familia.

E, actualmente, a “convivencia das novas xeracións de mestras e mestres”, coas súas diferentes inquedanzas e pesares que enriquecen a vida práctica deles ou das nosas docentes. Manuel Alfonso Estévez.